spot_img
InicioVal MiñorNigránUn total de 150 inversores analizaron os 9 proyectos de startups aceleradas...

Un total de 150 inversores analizaron os 9 proyectos de startups aceleradas por Vía Galicia

Un total de 150 inversores analizaron os 9 proyectos de startups aceleradas por Vía Galicia Un total de 150 investidores de fondos de investimento públicos e privados de toda España, así como business angels analizaron hoxe os nove proxectos de startups que chegaron á fase final da aceleradora ViaGalicia, que celebrou en Porto do Molle, en Nigrán, a súa Investors Day con formato mixto: presencial (os proxectos) e virtual (os investidores)

O delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, abriu o acto, xunto co director do Igape, Fernando Guldrís; e o alcalde de Nigrán, Juan González. David Regades deu o parabén aos 9 proxectos que chegaron ao Investors Day, que culminan a fase de aceleración, “sodes uns heroes, porque non só completastes o ciclo senón que o fixestes nunha situación tan excepcional como unha pandemia mundial. Ademais, a metade de vós xa participastes en roldas de financiamento conseguindo máis apoios”, destacou David Regades.

Neste sentido subliñou que “tivestes que sortear un escenario que foi cambiando de forma incrible nos últimos meses, pero sorprendéstesnos pola forma asombrosa en que vos adaptastes ás novas demandas. Isto fainos crer que, a pesar desta crise que estamos a vivir, tamén xorden novas oportunidades”, precisou.

En total son 9 os proxectos que chegaron á fase final da sexta edición da aceleradora ViaGalicia. A fase de aceleración durou 6 meses, empezou o 1 de abril e finalizou o pasado 28 de febreiro de 2021. Case a metade destas startups da sexta edición xa pecharon diferentes roldas de financiamento nos últimos meses, desde a súa entrada na aceleradora, espertando o interese de investidores e fondos de investimento, a pesar do reto que supuxo este último ano para a economía.

O éxito da participación en ViaGalicia demóstrase cos datos acumulados desde a súa primeira edición: analizáronse 1.268 ideas de negocio, axudando na definición do modelo a un total de 193 proxectos e acelerado a 79 startups, das que un 75% segue traballando a día de hoxe xerado máis de 450 novos empregos.

O total de startups activas acumulan unha facturación no último ano de máis de 17 millóns de euros, e máis de 41 millóns de financiamento captado (o 53% de investidores e fondos privados).

ViaGalicia contribuíu a poñer a Galicia no mapa do emprendemento de España cunha importante dotación; un orzamento anual de 2,5 millóns de euros e, ata a data, un acumulado de 9 millóns de euros de financiamento directo aos proxectos.

O programa, en colaboración coa Xunta, conta cunha subvención directa de GAIN de 25.000 euros e financiamento a través de Vigo Activo e XesGalicia de ata 100.000 euros.

O Investors Day deste ano coincide cunha semana de referencia en Galicia para startups e investidores, co Startup Congress, no que tamén colabora Zona Franca.

Os proxectos acelerados e que presentaron as súas propostas son:
Alice Biometrics, cun proxecto de verificación de identidade en liña segura.
Saega, que desenvolve a primeira aeronave híbrida, multicóptero de á fixa, con capacidade de despegamento e aterraxe vertical e gran autonomía e capacidade de carga.
Envita, startup de innovación social que permite recompilar a historia de vida, fotografías e desexos das persoas maiores.
Frankie e o seu modelo de subscrición de comida cociñada para cans. Elaboran plans nutricionais adaptados ás necesidades dos teus cans e realizan a entrega no teu domicilio.
Innogando, unha startup de innovación en saúde e benestar animal que permite, a través un sistema de algoritmos, realizar un diagnóstico mediante a monitoraxe en tempo real e coñecer o estado de saúde dos animais nas explotacións gandeiras.
Sangría Republic, que elabora sangría con novas receitas patentadas, en formato latexe. Apta para celíacos, sen aditivos, nin conservantes e creando distintas variedades: laranxa e canela; yuzu, flor de Xamaica e vainilla; e pomelo, quinina e enebro.
Tappear, unha aplicación móbil enfocada ao sector da hostalería; que implica tanto a clientes, como a negocios e a marcas. Con ela, unha persoa pode saber, en cada cidade, onde están os bares e que tapas ofrecen.
The Painter’ s Wife, unha marca de moda e de lifestyle, de calidade premium para mascotas e os seus donos. As súas pezas chegan a Australia, Xapón ou Corea.
Versos de A Ruda, primeira empresa en España en ofrecer ao canle HORECA un servizo de repostería de calidade, caseira e fresca, en racións individuais (mono-dose), listo para servir. Repostería fresca mono-dose.
- Publicidade -spot_img