spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Cruz de Lampedusa chega este venres a Baiona para homenaxear aos...

A Cruz de Lampedusa chega este venres a Baiona para homenaxear aos migrantes

A Cruz de Lampedusa chega este venres a Baiona para homenaxear aos migrantesO Monte Real Club de Yates de Baiona sumarase este venres á homenaxe aos migrantes falecidos no mar colaborando coa peregrinación da Cruz de Lampedusa, símbolo do drama da inmigración.

A Cruz de Lampedusa é unha peza realizada polo carpinteiro Francesco Tuccio con madeiras de caiucos naufragados fronte ás costas italianas, nas que morreron miles de inmigrantes no seu intento por atopar unha vida mellor.

Tras case 7 anos de viaxando por todo o mundo, a cruz chegará a Baiona desde Vigo para continuar posteriormente a súa peregrinación ata Tui

Con máis de dous metros e medio de altura, metro e medio de ancho e un peso duns 60 quilos, a cruz foi bendicida polo Papa Francisco en 2014, non moito despois de que unha patera de migrantes naufragase fronte á illa de Lampedusa, deixando 366 mortos.

A Cruz de Lampedusa visita Oia na súa peregrinación pola Diocese Tui-Vigo

Foi o propio pontífice o que pediu convertela en símbolo da traxedia dos migrantes e transmisora dunha mensaxe de paz e solidariedade por todo o mundo, e desde entón a cruz peregrinou por numerosos lugares.

A “Viaxe da Cruz de Lampedusa”, como se deu en chamar a esta peregrinación, chega este venres a Baiona a bordo dunha embarcación de Salvamento Marítimo.

- Publicidade -spot_img