·Publicidade ·spot_img
InicioO MorrazoMoañaUn total de 114 embarcacións tradicionais participarán entre o 5 e o...

Un total de 114 embarcacións tradicionais participarán entre o 5 e o 8 de agosto no XV Encontro de Moaña

Moaña acollerá en 2021 o XV Econtro de Embarcacións Tradicionais de GaliciaUn total de 114 embarcacións de diferentes tipoloxías estarán en Moaña entre os días 5 e 8 de agosto.

Trátanse de barcos chegados de todas partes de España e incluso de Portugal. Por primeira vez, ademais, este ano participará unha embarcación das Illas Canarias, concretamente o bote escola ‘Las Palmas de Gran Canaria’.

O prazo para que asociacións e particulares inscribisen embarcacións para participar no XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia xa está pechado.

Ao Encontro de Embarcacións Tradicionais De Galicia foron convidadas todas as asociacións pertencentes á Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar) e entidades afíns, tanto de Galicia como doutros países e comunidades, tamén particulares e institucións de interese cultural e patrimonial. Este ano, visitarán Moaña numerosos barcos chegados do País Vasco (Zumaia, Portugalete, Lekeitio e Ondarroa), e de Portugal (Esposende). Ademais, navegarán pola ría embarcacións de infinidade de vilas de Galicia e de todas as rías galegas. Entre o cento de participantes podemos atopar barcos de Vigo, O Grove, Combarro, Ribeira, Sada, Portonovo, Cangas, Cambados, Aguete, Carril, A Pobra do Caramiñal, Cabo de Cruz, O Freixo, Muros, A Illa de Arousa, A Guarda, Meloxo, Ares, Ferrol ou Lira. Unha amplísima representación de embarcacións tradicionais que pode dar unha idea da gran riqueza marítimo fluvial de Galicia.

Nesta 15 edición, poderanse ver no mar de Moaña embarcacións pertencentes a unhas 25 tipoloxías tradicionais diferentes: botes, gamelas, dornas, bucetas, racús, dornas de tope, traiñeiras, carochos, dornas nai, galeóns, gamelas guardesas, balandros, tarrafas, lanchas xeiteiras, botes de Ribadeo, bateis, choupáns, botes de media construción, botes polbeiros, volanteiros, muletas (catalanas), catraias ou doris bacaloeiras de Euskadi. Será un espectáculo único que terá a ría de Vigo como escenario e que contará coa colaboración activa do voluntariado e das asociacións da vila de Moaña.

Fuente//https://15embarcacionstrad.info/

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies