spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPontevedraUn proxecto de innovación amplía as posibilidades do plató virtual da Facultade...

Un proxecto de innovación amplía as posibilidades do plató virtual da Facultade de Comunicación

un-proxecto-de-innovacion-amplia-as-posibilidades-do-plato-virtual-da-facultade-de-comunicacionBaixo o nome de Simulacro, a Facultade de Comunicación presentaba o pasado curso a primeira versión operativa dunha aplicación de realidade virtual que permite simular procesos de creación audiovisual e na que o alumnado pode desenvolver tarefas de realización, dirección de fotografía ou operador de cámara nun plató virtual.

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

Ao abeiro da convocatoria de proxectos piloto de innovación docente da Universidade, este laboratorio virtual ampliou no presente curso as súas posibilidades e funcionalidades, coa incorporación dun novo plató de exteriores, así como dunha “pantalla de adestramento” que permite ás persoas usuarias iniciarse no manexo desta ferramenta.

Simulacro permitiu así mesmo abrir nas últimas semanas unha liña de colaboración coa University of Doha for Science and Technology, que levará nos próximos días a presentar, de xeito virtual, esta ferramenta a representantes desta institución de Catar. Como explica o vicedecano Oswaldo García, responsable deste proxecto de innovación, o obxectivo é promover a continuación unha “práctica conxunta” que reúna nesta contorna virtual alumnado das dúas universidades, iniciativa que se levará acabo coa colaboración do profesor da Universidade de Doha Roi Fernández.

Un espazo virtual no que ampliar a formación práctica

Concibido como “un simulador de procesos de produción”, a aplicación desenvolvida na facultade pontevedresa permite que, a través duns lentes de realidade virtual, o alumnado poida realizar diferentes tarefas nun plató virtual con diferentes sets, aos que agora se suman novas localizacións virtuais en exteriores. A través duns avatares, o estudantado pode manexar diferentes cámaras, modificar a configuración e posición das fontes de iluminación e observar en tempo real o efecto das accións que realice. Nese senso, o obxectivo deste laboratorio virtual é facilitar a aprendizaxe de diferentes roles “dentro das rutinas de produción audiovisual”, permitindo “interiorizar procesos”, nun ámbito no que, recoñece García, a “base práctica é fundamental” para afondar no “funcionamento e potencial da narrativa audiovisual”.

Con esa mesma idea, Simulacro permite tamén a participación de usuarios e usuarias adicionais que, sen lentes de realidade virtual, poden “monitorizar as decisións tomadas polos seus compañeiros e compañeiras”.

Novas funcionalidades

Este laboratorio virtual xa foi empregado no presente curso en tres materias do Grao en Comunicación Audiovisual e este proxecto de innovación, no que participaron diferentes docentes da facultade, insírese “no obxectivo que temos a medio prazo de converter Simulacro nunha ferramenta o máis efectiva posible”. Isto permitiría o seu uso nun maior número de materias de diferentes titulacións do facultade, á vez que abriría a posibilidade de “establecer unha vía de investigación e transferencia centrada no uso da tecnoloxía de simulación nos procesos de creación audiovisual, relacionada co auxe no sector das ferramentas de previsualización”.

Con esa idea, unha das novidades impulsadas nos últimos meses foi unha “pantalla de adestramento”, que funciona “como o titorial dun videoxogo, no que se establecen pequenos obxectivos e para cumprilos debes pór en práctica funcionalidades básicas que logo van ser necesarias no uso da ferramenta, como aprender a desprazarte polo espazo”, apunta García. Trátase, explica, dunha proposta dirixida a fomentar a “autoaprendizaxe”, así como a facilitar ao persoal docente o uso desta aplicación.

De xeito paralelo, a facultade traballa tamén no desenvolvemento desta ferramenta ao abeiro dunha liña de axudas á virtualización de laboratorios da Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación, permitindo estas dúas iniciativas a incorporación de diferentes melloras na aplicación. Entre outras, as localizacións en exteriores, a incorporación dun maior número de cámaras e que estas “poidan moverse en varios eixes”, así como a xeración dun histograma ou “unha análise de luz en tempo real”. Do mesmo xeito, incorporouse a opción de xerar “plantas de iluminación e de realización”, documentos que resultarían de utilidade nun proceso de produción, ao recoller a posición seleccionada das cámaras e da iluminación nas probas levadas a cabo nesta contorna virtual.

Facilidade de uso

O proxecto de innovación completouse coa realización dun cuestionario para a avaliación das melloras implantadas, no que participaron 88 estudantes. Realizado tanto ao seu inicio como tras a implantación destas novas funcionalidades, este cuestionario permitiu constatar unha “percepción moi positiva” do alumnado respecto da ferramenta, que o 90% valoraron como “positiva ou moi positiva”. Porcentaxes similares rexistráronse ademais no referido á valoración da propia aprendizaxe de como é o manexo deste laboratorio virtual, que preto do 90% definiron como “fácil ou extremadamente fácil”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.