spot_img
InicioPontevedra e ÁreaUn paso mais na rehabilitación do Casco Vello de Vigo

Un paso mais na rehabilitación do Casco Vello de Vigo

Casco vello Vigo

O Consorcio Casco Vello de Vigo inicia a tramitación para adxudicar a rehabilitación dun novo inmoble en Subida a Costa, 5. A obra súmase a outras actuacións que o CCVV está a realizar nas rúas Ferrería ou Subida ao Castelo, e tamén coa recente adquisición dun inmoble na rúa Cruz Verde.

O Comité Executivo do Consorcio Casco Vello de Vigo, presidido polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, vén de aprobar o prego de condicións técnicas para a posta en marcha da rehabilitación do edificio situado na rúa Subida a Costa 5, na zona alta do Casco Vello da cidade.

Con este trámite o Consorcio Casco Vello, integrado nun 90% pola Xunta de Galicia e un 10% polo Concello de Vigo, inicia o proceso administrativo para a adxudicación dunha obra que permitirá a rexeneración dun edificio dividido en semisoto, planta baixa e planta alta, do que na actualidade só se conservan as fachadas, para dar lugar a unha vivenda e un baixo comercial co unha superficie total útil de 180 m2. A vivenda, que contará con dous dormitorios, baño, cociña e sala de estar, ocupará a planta alta e terá acceso a través da planta baixa, en tanto que o local comercial ocupará o resto da planta baixa e o semisoto.

A actuación realízase nunha parcela cualificada como chan urbano consolidado dentro do PEPRI Casco Vello de Vigo. De acordo con esta cualificación considéranse como elementos a protexer na execución do proxecto as fachadas de pedra do edificio, prohibíndose a alteración dos seus materiais e carpinterías exteriores. A licenza outorgada para a construción establece así mesmo a obrigación de demoler un anexo realizado no patio exterior do edificio.

A obra a realizar, a partir do proxecto básico e de execución redactado polo arquitecto José Luis Díaz Mateo, ten un orzamento de 201.276,08 euros, e súmase a varias actuacións que o Consorcio realiza na actualidade nas próximas rúas de Ferrería ou Subida ao Castelo, e á recente adquisición doutro inmoble na tamén próxima rúa Cruz Verde. En total, o organismo que preside Ignacio López-Chaves investirá ao longo de 2016 dous millóns de euros para continuar co labor de rexeneración urbanística que desde fai dez anos realiza na zona histórica de Vigo, o que supuxo actuacións en máis dun centenar de edificios e locais.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.