Inicio Galicia Un novo proxecto no Camiño de Santiago aúna os valores xacobeos, o...

Un novo proxecto no Camiño de Santiago aúna os valores xacobeos, o deporte e a solidariedade

 

novo-proxecto-Camiño-Santiago-aúna-valores-xacobeos-deporte-solidariedadeA directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e a directora de Tee Travel, Mar Rodríguez, presentaron no día de hoxe o proxecto ‘El reto del Camino’, na Cidade da Cultura. A presentación contou tamén coa participación da protagonista do reto, a ultramaratoniana Mariluz Viñas.

A través da iniciativa esta peregrina de excepción realizará o incrible reto de percorrer en 15 etapas, correndo sen descanso, 52 quilómetros ao día do Camiño de Santiago, dende St. Jean Pied de Port ata Santiago de Compostela.

A iniciativa, ‘El Reto del Camino’, traerá dende o 27 de setembro ao 11 de outubro ao Camiño de Santiago á ultramaratoniana Mariluz Viñas que percorrerá en 15 días os máis de 750 quilómetros que unen St. Jean Pied de Port e Compostela

Así, dende o 27 de setembro ao 11 de outubro, a corredora que cumpre este ano 52 anos -de alí a cifra elixida para superar cada día- percorrerá máis de 750 quilómetros da Ruta Xacobea e o fará por un fin solidario. Cada quilómetro superado converterase nun euro destinado á Fundación St. Jude, unha institución dominicana sen ánimo de lucro que apoia espiritual, emocional e economicamente a nenos con cáncer.

Durante a presentación, a directora de Turismo de Galicia asegurou que o proxecto contribuirá a continuar promovendo o principal recurso turístico e cultural de Galicia a nivel internacional

Durante a presentación, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou o valor desta iniciativa que, segundo sinalou, combina os valores do Camiño de Santiago –identidade histórica, espiritualidade, intercambio cultural e valor patrimonial- cos do deporte e a solidariedade.

A responsable de Turismo da Xunta sinalou que o Camiño converteuse no principal elemento captador de turismo internacional. “Grazas a Ruta Xacobea, Galicia mostra o seu patrimonio tanto natural como cultural, os seus costumes e tradicións e por suposto, a súa tan venerada gastronomía a miles de turistas de todas partes do mundo”, explicou Nava Castro.

Nava Castro destacou que dos mais de 34 mil peregrinos que chegaron xa no que vai de ano a Compostela, máis do 55% foron estranxeiros

Neste senso, a directora de Turismo de Galicia destacou que dos mais de 34 mil peregrinos que chegaron xa no que vai de ano a Compostela, máis do 55% foron estranxeiros. “Estas cifras demostran que o Camiño de Santiago está en pleno auxe e actualidade e reflicten a gran capacidade da Ruta Xacobea para atraer turistas a nivel internacional”, explicou Nava Castro.

A directora de Turismo de Galicia asegurou que “o proxecto contribuirá a continuar promovendo o principal recurso turístico e cultural de Galicia a nivel internacional”.

Para finalizar, Nava Castro animou a todos a apoiar a Mariluz Viñas no seu espectacular reto camiñando xunto a ela nas diferentes etapas que percorrerá do Camiño de Santiago.

Pola súa parte, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, destacou que o Camiño foi eixe da construción histórica e da formación da identidade cultural do noso continente, “unha senda que uniu pobos e construíu culturas”, explicou.

O secretario xeral para o Deporte sinalou que tanto o Camiño como o deporte constrúen xa que, segundo explicou, cimentan ás persoas cos valores únicos que conculcan e fortalecen as identidades colectivas aglutinando individuos que identifican condutas a imitar para lograr os retos a bater.

José Ramón Lete concluíu afirmando que ‘El Reto del Camino’ constitúe un perfecto referente de como fomentar a actividade física e os hábitos saudables e de como encontrar no deporte un estímulo e ferramenta de mellora da sociedade e das condicións de vida das persoas.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies