spot_img
InicioBaixo MiñoUn Nadal de arte & viño con Terras Gauda

Un Nadal de arte & viño con Terras Gauda

Terras Gauda celebra o 30 aniversario da súa primeira colleita afianzada na diferenciación dos seus viñosA adega presenta un estoxo colección cunha selección de tres viños: Terras Gauda, Terras Gauda Etiqueta Negra e La Mar

Revista Cousas De Nº19

Terras Gauda fusiona arte & viño no seu novo estoxo colección de Nadal. O deseño é a adaptación dun cartel galardoado co 1º Premio na Bienal Internacional de Cartelismo – Concurso Francisco Mantecón, que pon en valor a creatividade da vangarda artística internacional desde o 2001. Os autores son Eva Unt e Margus Tammik, de Estonia, cuxa obra foi elixida por un xurado de prestixio, cos deseñadores Javier Jaén e Diego Areso, como profesionais invitados.

un-nadal-de-arte-vino-con-terras-gauda

Terras Gauda 2022, Terras Gauda Etiqueta Negra 2021, e La Mar 2021 son os tres viños que forman parte da selección. Tres viños con identidade propia, nos que destaca a acentuada personalidade, a fidelidade para expresar fielmente as súas orixes nas Rías Baixas e a evocar os seus matices únicos en cada copa. Un percorrido pola singularidade e a diferenciación.

Terras Gauda 2022

É o seu viño máis emblemático e un acerto seguro en calquera mesa. Combina as tres variedades autóctonas Albariño (70%), Caíño Blanco (23%) e Loureiro (7%). De gran complexidade, impresiona na boca polo seu carácter e poderosa estrutura, enchendo o padal coa súa untuosidade. Á vez resulta fresco e vibrante.

Terras Gauda Etiqueta Negra 2021

A mesma combinación de variedades que o buque insignia pero cunha peculiaridade: a súa lenta crianza sobre leas en fudres e barricas de carballo francés. Sobresae a elegante unión entre a sutileza do carballo francés e a notable fortaleza froiteira do Albariño, o Caíño Blanco e o Loureiro.

La Mar 2021
Pura singularidade atlántica. Cun 98% Caíño Blanco, a característica máis sobresaliente é a súa enorme capacidade para extraer ao máximo as características da súa terroir. Con intenso e extenso percorrido aromático, sorprende en boca polo seu poderoso volume e textura sedosa.
- Publicidade -spot_img