spot_img
InicioVigo e áreaVigoO Porto de Vigo aposta por potenciar a marca de pesca sostible...

O Porto de Vigo aposta por potenciar a marca de pesca sostible FIB BLUES

o-porto-de-vigo-aposta-por-potenciar-a-marca-de-pesca-sostible-fib-bluesO presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, reuniuse, nas súas instalacións no Porto Pesqueiro, co director xeral de ESPADEROS DO ATLANTICO S.A. e presidente da Asociación Nacional de Empresas Comercializadoras de Especies Altamente Migratorias (ANECTEAM), Emilio Martínez Cadilla, co que acordou a firma dun convenio de colaboración para promocionar a marca FIP BLUES, un proxecto de mellora das pesqueiras de Peixe Espada e Tintorera promovido por catro Organizacións de Produtores Pesqueiros (OPP7-Burela, OPROMAR, ORPAGU e OPNAPA) e 14 empresas que integran ANECTEAM.

Revista Cousas De Nº19

Dentro desta promoción, a Estación Marítima do Porto de Vigo acollerá o vindeiro martes, día 21 de novembro, a presentación do “Corpus Culinario do Peixe Espada” e o “Corpus Culinario da Tintorera”, dous libros que van máis aló da dimensión culinaria e abarcan a cultura gastronómica na súa cadea completa, recollendo o campo científico, económico e social destas dúas especies.

O encontro contará coa participación de institucións, o propio sector pesqueiro e o gastronómico, ademais de xornalistas e críticos, chefs e historiadores, entre outros. Segundo destacou Botana, trátase dunha pesqueira sostible e respectuosa co medioambiente, do mesmo xeito que o resto de especies que diariamente se comercializan no Porto Pesqueiro de Vigo, que destacan pola súa gran calidade e rastrexabilidade.
- Publicidade -spot_img