spot_img
InicioVal MiñorGondomarUn gran Belén ecolóxico, protagonista do Nadal en Gondomar

Un gran Belén ecolóxico, protagonista do Nadal en Gondomar

Un gran Belén ecolóxico, protagonista do Nadal de GondomarFernando Fernández Penedo, un artista da parroquia de Borreiros, é o creador deste nacemento, que utiliza materiais reciclados e que se pode visitar no auditorio Lois Tobío da Vila Condal ata o día 6 de xaneiro

O Belén artesanal en movemento, un nacemento que ocupa 42 metros do Auditorio Municipal Lois Tobío, “converteuse nun elemento imprescindible no noso programa de Nadal, atraendo por centos de persoas cada ano” destacaba o alcalde de Gondomar o día da inauguración.

Nesta cuarta edición, recolle escenas de Roma, Belén e Nazaré nas que xunto aos edificios e establecementos propios da época, poden verse un total de 420 figuras, das que máis de 100 están en movemento.

Así é o impoñente belén que pode visitarse no auditorio Lois Tobío de Gondomar. O seu creador, empregou 8 días na súa montaxe, cunha media de 12 horas diarias, para lograr que todos os detalles estean perfectamente encaixados.

O autor, Fernando Fernández Penedo, é artesán e reside na parroquia de Borreiros. Contounos que leva case toda a súa vida apaixonado polos nacementos. Testemuña diso é a súa muller, que tivo que lidar con esa paixón de Fernando na súa propia casa “eu empecei cunha mesa de 80 x 80 no salón da miña casa, tempo despois aos mobles que tiñamos atacoulles a polilla, tirámolos…, e xa me pillei todo o salón”.

É o responsable de montar 3 beléns, dous en Vigo (Valladares de 40 metros e Teis de 52) e leste de 42 metros, cos que vai rotando as pezas cada ano.

Un gran Belén ecolóxico, protagonista do Nadal de Gondomar
Xunto ao Pórtico, novidade deste ano.

“Por exemplo, o pasado ano tiña aquí Exipto e agora está en Teis”. E aínda que cada vez é máis complicado, procura crear sempre algunha peza nova, este ano é o Pórtico amurallado que nos atopamos en primeiro termo.

O Belén artesanal poderá visitarse ata o 06 de xaneiro de 11.00 a 14.15 horas, polas mañás, e entre as 17.00 e as 21.15 horas, polas tardes, de luns a domingo. Só permanecerá pechado os días 25 de decembro, e o 1 e 6 de xaneiro. A entrada é gratuíta.

- Publicidade -spot_img