spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaNova vida para a histórica Torre do Reló da Guarda

Nova vida para a histórica Torre do Reló da Guarda

Nova vida para a histórica Torre do Reló da GuardaO Concello da Guarda ven de recuperar a esfera do reló da praza grazas a unha actuación que permitiu fabricar unha nova esfera en metacrilato e substituír o antigo marco de cemento por un novo de aluminio e aceiro inox. Ademais a nova esfera conta con retroiluminación led que lle confire un novo e chamativo aspecto polas noites

A nova esfera resulta tamén máis vistosa coas delimitacións das horas, un deseño baseado no antigo reló de 1928.

Os traballos demoráronse algo máis do previsto posto que se tivo que retirar a vella esfera, estragada polo paso do tempo, e levala a Vigo, onde a empresa PAGAN encargouse de facer unha nova coas mesmas medidas, para despois proceder á súa instalación.

Nunha futura actuación preténdese recuperar tamén a antiga maquinaria interna, fora xa de servizo, para por en valor este elemento patrimonial da vila guardesa.Nova vida para a histórica Torre do Reló da Guarda

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.