Inicio Pontevedra Condado Paradanta Un díptico une todos os sendeiros de Arbo

Un díptico une todos os sendeiros de Arbo

Un total de catro son os sendeiros que o Concello de Arbo uniu a través dun único díptico, dende a parroquia de Sela atravesando Barcela e a parroquia de Arbo ata chegar a Desembocadura do seu afluente o Deva, e que dende aquí chega a praia Fluvial de San Xoan donde esta  recentémente rehabilitado  A Ponte Romanica de San Xoan  e seguir unindo outras parroquias a través do Sendeiro da Moura.

“Os sendeiros son capaces de unir algúns concellos polas beiras dos seus ríos fomentando a unión e cooperación e, por iso, apostamos por este tipo de turismo e demostrámolo, por exemplo, coas recentes melloras do Sendeiro dos pescadores. Fixemos un gran esforzo para a recuperación deste carreiro que agora conta con paneles interpretativos, señalización e ata pasarelas de madeira”. Así o afirmou, Horacio Gil, alcalde de Arbo, durante a súa intervención en Fitur  2019.

Desde 2014 executáronse numerosas obras para acondicionar espazos públicos de titularidad municipal. Traballos que han ir mellorando considerablemente a imaxe dun municipio con atractivos naturais únicos e diferentes. Razóns que motivan ao goberno municipal para poñer en valor o patrimonio natural habilitando novos sendeiros ou acondicionando os xa existentes; creando novos Miradores sobre o Miño como o de ‘As Pesqueiras do Coxo e dous Frades’, colocando mobiliario nas praias fluviales ou rehabilitando a histórica ponte románico de Mourentan e mellorando os espazos publicos e de ocio que están convertendo a Arbo nun referente turístico.

Para os apasionados do senderismo, toda a zona da Ribeira do Miño atesoura unha preciosa ruta cun importante patriomonio artístico e cultural que é pura natureza e que agrúpase ahora na Ruta das Pesqueiras, o Sendeiro dos Pescadores, o Sendeiro do Río Miño-Deva e o Sendeiro da Moura. Sen olvidarnos da Ruta da Lamprea, un proxecto que pretende poñer en valor os principiais recursos etnogáficos, naturais, gastronómicos e culturais viculados coa lamprea.

A información e a lenda das rutas atópase en numerosas páxinas webs especializadas e na páxina web do Concello de Arbo (concellodearbo.es), rutas que cada ano son visitadas por miles de senderistas e curiosos que queren coñecer de primeira man os cauces da Ribeira do Miño, as Pesqueiras e as artes de pesca da lamprea que é único en todo Galicia, desfrutar dun día tranquilo de paseo en familia, descansar nas nosas praias fluviais o divisar dende os nosos miradores sobre o Rio o descorrer da auga.

Estos sendeiros nos descubren tamen a cultura e historia de Arbo e os Arbenses a través dos seus monumentos como pode ser o caso das Augas Medicinais de Sela sitas na Praia fluvial de Sela, estas augas que no seu momento foron  embotellas e exportas a distintas zonas da xeografía galega que era vendida embotellada e comercializada co nome de Augas Minerais de San Martin de  Sela, tamen a Ponte Romanica de San Xoan punto de defensa na Guerra da Independencia.

Crese que á altura de 1809, os veciños de Arbo defenderon os seus fogares e familias fronte ás numerosas tropas francesas nunha batalla que tivo lugar nos arredores da ponte.

Este concello pontevedrés atesoura preciosas rutas para os amantes do sendeirismo, un importante patrimonio artístico e  unha gran vida cultural. Arbo é terra de inspiración, de boa comida e de deleite ante o acougado discorrer do tempo xunto a unha copa de bo viño.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies