
Un total de catro son os sendeiros que o Concello de Arbo uniu a través dun único díptico, dende a parroquia de Sela atravesando Barcela e a parroquia de Arbo ata chegar a Desembocadura do seu afluente o Deva, e que dende aquí chega a praia Fluvial de San Xoan donde esta recentémente rehabilitado A Ponte Romanica de San Xoan e seguir unindo outras parroquias a través do Sendeiro da Moura.
“Os sendeiros son capaces de unir algúns concellos polas beiras dos seus ríos fomentando a unión e cooperación e, por iso, apostamos por este tipo de turismo e demostrámolo, por exemplo, coas recentes melloras do Sendeiro dos pescadores. Fixemos un gran esforzo para a recuperación deste carreiro que agora conta con paneles interpretativos, señalización e ata pasarelas de madeira”. Así o afirmou, Horacio Gil, alcalde de Arbo, durante a súa intervención en Fitur 2019.
Desde 2014 executáronse numerosas obras para acondicionar espazos públicos de titularidad municipal. Traballos que han ir mellorando considerablemente a imaxe dun municipio con atractivos naturais únicos e diferentes. Razóns que motivan ao goberno municipal para poñer en valor o patrimonio natural habilitando novos sendeiros ou acondicionando os xa existentes; creando novos Miradores sobre o Miño como o de ‘As Pesqueiras do Coxo e dous Frades’, colocando mobiliario nas praias fluviales ou rehabilitando a histórica ponte románico de Mourentan e mellorando os espazos publicos e de ocio que están convertendo a Arbo nun referente turístico.
Para os apasionados do senderismo, toda a zona da Ribeira do Miño atesoura unha preciosa ruta cun importante patriomonio artístico e cultural que é pura natureza e que agrúpase ahora na Ruta das Pesqueiras, o Sendeiro dos Pescadores, o Sendeiro do Río Miño-Deva e o Sendeiro da Moura. Sen olvidarnos da Ruta da Lamprea, un proxecto que pretende poñer en valor os principiais recursos etnogáficos, naturais, gastronómicos e culturais viculados coa lamprea.
A información e a lenda das rutas atópase en numerosas páxinas webs especializadas e na páxina web do Concello de Arbo (concellodearbo.es), rutas que cada ano son visitadas por miles de senderistas e curiosos que queren coñecer de primeira man os cauces da Ribeira do Miño, as Pesqueiras e as artes de pesca da lamprea que é único en todo Galicia, desfrutar dun día tranquilo de paseo en familia, descansar nas nosas praias fluviais o divisar dende os nosos miradores sobre o Rio o descorrer da auga.
Estos sendeiros nos descubren tamen a cultura e historia de Arbo e os Arbenses a través dos seus monumentos como pode ser o caso das Augas Medicinais de Sela sitas na Praia fluvial de Sela, estas augas que no seu momento foron embotellas e exportas a distintas zonas da xeografía galega que era vendida embotellada e comercializada co nome de Augas Minerais de San Martin de Sela, tamen a Ponte Romanica de San Xoan punto de defensa na Guerra da Independencia.

Crese que á altura de 1809, os veciños de Arbo defenderon os seus fogares e familias fronte ás numerosas tropas francesas nunha batalla que tivo lugar nos arredores da ponte.
Este concello pontevedrés atesoura preciosas rutas para os amantes do sendeirismo, un importante patrimonio artístico e unha gran vida cultural. Arbo é terra de inspiración, de boa comida e de deleite ante o acougado discorrer do tempo xunto a unha copa de bo viño.



