Inicio Latinoamérica Chile Turismo de Galicia participa nas xornadas técnicas do Instituto Español de Comercio...

Turismo de Galicia participa nas xornadas técnicas do Instituto Español de Comercio Exterior en Santiago de Chile

Turismo-Galicia-participa-nas-xornadas-técnicas-Instituto-Español-Comercio-Exterior-Santiago-Chile

Turismo de Galicia inicia hoxe e ata finais de semana diferentes encontros con empresarios e institucións de Chile nunhas xornadas que organiza o Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX) na Embaixada de España en Santiago de Chile.

Así, a directora do Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG), Marta Fernández, desenvolverá unha axenda ao longo de varios días, que inclúe reunións nas Xornadas Técnicas que teñen lugar na embaixada e visitas a universidades, empresas e outras institucións en días posteriores.

O obxectivo é ampliar a rede de contactos do CSHG para mellorar a formación dos seus alumnos e ofertar a súa experiencia ás empresas chilenas. Por un lado, promover que os alumnos podan desenvolver prácticas ou traballar en establecementos deste país e, por outro lado, que o departamento de Consultaría e Formación do CSHG poda desenvolver proxectos para as empresas do sector turístico do país chileno.

Algúns dos encontros que desenvolverá a directora do CSHG nas xornadas técnicas son coa Fundación Empresarial Eurochile, que serve de ponte entre o país americano e os países da Unión Europea para pechar acordos dos que xa se beneficiaron en Europa máis de 12.500 empresas e institucións.

Neste contexto, tamén se desenvolverán encontros con escolas de xestión e turismo, caso do Centro Culinary e o Instituto Profesional AIEP da Universidade Andrés Bello, e haberá contactos co sector turístico, caso da cadea de hoteis Presidente ou Rusticae, unha rede de establecementos e boutiques con encanto.

Así mesmo, fóra das xornadas, Marta Fernández visitará as universidades punteiras en formación turística en Chile. Deste xeito, manterá encontros cos responsables de DUOC-UC e INACAP, dúas organizacións que contan con 100.000 alumnos cada unha e que teñen as especialidades técnica e profesional de xestión hoteleira e gastronomía.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
284SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies