spot_img
InicioGaliciaTurismo de Galicia e a Federación Galega de Bandas de Música Populares...

Turismo de Galicia e a Federación Galega de Bandas de Música Populares colaborarán nunha nova edición de “Música no Camiño”

Turismo de Galicia e a Federación Galega de Bandas de Música Populares colaborarán nunha nova edición de “Música no Camiño”

Turismo de Galicia e a Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) asinaron un convenio de colaboración para a celebración dunha nova edición do ciclo “Música no Camiño” que contará cun total de 24 concertos.

Deste xeito, os domingos dos meses de abril, maio, xuño, setembro, outubro e novembro Santiago de Compostela acollerá, despois da misa do peregrino, actuacións de bandas de música populares na Praza da Inmaculada ou no claustro do Seminario Maior de San Martiño Pinario.

Este ciclo de concertos é outra das iniciativas integradas na programación do VIII Centenario de San Francisco de Asís a Santiago e constitúe un agradecemento aos numerosos peregrinos que veñen a Compostela como etapa final do Camiño. No que vai de ano Galicia acolleu xa a mais de 2.400 peregrinos, o que supón un incremento do 52,65% con respecto ao pasado ano. Estes numerosos peregrinos poderán deleitarse con estes concertos sen ter que realizar ningunha reserva previa e sen ningún tipo de custe.

Este ciclo constitúe un agradecemento aos numerosos peregrinos que veñen a Santiago de Compostela como etapa final do Camiño que, no que vai de ano, xa suman máis de 2.400, o que supón un incremento do 52,65% con respecto ao pasado ano

O ciclo contribuirá ademais á divulgación, defensa, asesoramento e promoción das Bandas Populares da nosa comunidade en particular e a música galega en xeral.

Os concertos, que empezarán ás 13:00h, despois da misa do peregrino, durarán aproximadamente unha hora e incluirán unha parte xeral de temática galega, común para todas as bandas. e unha parte especifica para que cada unha delas poida introducir as súas propias obras.

Para a realización destas actuacións, a Federación Galega de Bandas de Música Populares fará unha convocatoria pública para que as bandas poidan solicitar a súa inscrición podéndose presentar todas aquelas bandas galegas federadas na FGBMP. Unha vez remate o prazo de inscrición terá lugar un sorteo para adxudicar a cada banda a orde de actuación.

A pasada edición o ciclo de música “Música no Camiño” pechou cun gran éxito. Centos de peregrinos e público xeral puideron asistir entre os meses de outubro e decembro a este ciclo de música popular no que participaron un total de 14 agrupacións musicais de toda Galicia ao longo dos últimos domingos do ano.

- Publicidade -spot_img