spot_img
InicioVal MiñorBaionaTurismo de Baiona presenta este venres o seu novo spot promocional

Turismo de Baiona presenta este venres o seu novo spot promocional

Turismo de Baiona, novo spot promocional.O novo spot mostra unha imaxe de Baiona dende a perspectiva dun visitante que chega aquí por primeira vez e conta cal é a súa primeira impresión. O protagonista do video non é o destino, se non o viaxeiro, Baiona é o espazo onde este deixa voar as súas emocións.

Este formato ten a intención de chegar ao público a través das sensacións, un aperitivo que provoque as ganas de vir e vivir a experiencia que se mostra na proxección.

Este spot será o eixo central da campaña turística que terá lugar unha vez finalice a tempada estival e que pretende alcanzar un gran impacto a través das redes sociais e páxinas web de todo o mundo. Esto permitirá levar a imaxe de Baiona a unha gran cantidade de persoas, en calquera parte do mundo, en poucos minutos.

A presentación, con entrada libre, terá lugar o próximo venres, 29 de agosto, ás 20:30 horas, no Salón Medieval do Parador de Baiona.
- Publicidade -spot_img