spot_img
InicioBaixo MiñoTurismo da Xunta analiza co xeodestino Ría de Vigo-Baixo MIño medidas específicas...

Turismo da Xunta analiza co xeodestino Ría de Vigo-Baixo MIño medidas específicas co obxectivo de seguir impulsando o turismo

Axentes sociais do territorio do Miño ven necesario un convenio transfronteirizo de emerxencias e máis coordinación na loita contra o lumeAbordáronse os efectos da crise sanitaria e coincidiuse na necesidade de cooperación conxunta para dar confianza dos traballadores e viaxeiros

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, reuniuse hoxe con representantes do xeodestino Ría de Vigo_-Bixo MIño para abordar os efectos nestas áreas da crise sanitaria do coronavirus. Neste sentido, salientou que a Xunta está a ultimar un plan de reactivación para os sectores cultural e turístico, dotado con 25 millóns de euros, que incluirá medidas específicas para os xeodestinos co obxectivo de impulsar o turismo rural no escenario posterior ao COVID-19.

A xuntanza permitiu poñer de manifesto a importancia que os distintos xeodestinos teñen no modelo turístico galego, especialmente no rural. Por iso, afondouse na cooperación para contribuír á recuperación do sector a partir de produtos renovados, ao tempo que o Goberno autonómico traballa nunha nova campaña de promoción.

A representante da Xunta explicou durante o encontro o traballo que se está a realizar desde a Consellería de Cultura e Turismo durante esta crise e expuxo ferramentas que teñen á súa disposición para mellorar a competitividade, como o novo plan de teleformación ao que tamén poden acollerse os xestores turísticos. Tamén se referiu ao plan de seguridade sanitaria, actualmente en desenvolvemento e no que a Xunta prevé incorporar as achegas da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Esta reunión enmárcase nos encontros que a Xunta está a manter nestas semanas co sector e coas diferentes administracións e axentes implicados para traballar no novo escenario turístico e elaborar os protocolos e medidas máis axeitados en cada escenario.

Participaron alcaldes e representantes de Arousa Norte, Costa da Morte, Ribeira Sacra, O Salnés, Terras de Pontevedra, Ferrolterra, Mariña lucense, O Ribeiro, Muros-Noia, As Mariñas, Celanova-Baixa Limia, Manzaneda-Trevinca, Condado-Paradanta, Terras de Compostela, Verín-Viana e Deza-Tabeirós, Ancares Courel e do Ría de Vigo-Baixo Miño.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.