spot_img
InicioVal MiñorBaionaTurismo de Baiona entregou o premios ás mellores tapas e os regalos...

Turismo de Baiona entregou o premios ás mellores tapas e os regalos aos consumidores

O Concello de Baiona desvelou este venres os gañadores da sexta edición do concurso Bai de Tapas, en base aos votos do xurado popular, e entregou aos consumidores os premios sorteados polos establecementos participantes. A tapa “La Pera”, da Pulpería Balneario, alzouse co primeiro.

O segundo foi tamén para Pulpería Balneario, coa tapa Rodeo Buey”, mentres que o terceiro premio foi para “Camiño pola Costa. Receta de Tito”, da Bodega Estrella Baiona. Ademais, o Premio do Xurado Profesional á mellor Tapa recaeu en “La Crep”, coa súa proposta “Los vientos Alisios”.

O salón de plenos do Concello de Baiona acolleu este venres a entrega de premios do VI Concurso de Tapas de Baiona, “Bai de Tapas”, que celebrouse entre o 11 de maio e o 4 de xuño. Ao acto asistiron o alcalde, Ángel Rodal; a concelleira de Turismo, Beatriz González; o presidente de Aceba (Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona), Marcos Comesaña, e os representantes das Bodegas HGA, Iago González, e de Disgobe Selección de Vinos, Fernando Carrera.

A concelleira de Turismo, Beatriz González, destacou o éxito da nova edición do certame e sinalou que nesta ocasión se contabilizaron unha media de 1.150 tapas servidas por local, dato lixeiramente superior ao do ano pasado, que tradúcese nun volume de negocio de 80.500 euros, derivados directamente do concurso e sen contabilizar os ingresos indirectos. “Hoxe en día este concurso é un dos eventos gastronómicos de referencia e un dos eventos máis esperados do calendario do noso municipio”, sinalou.

Segundo a procedencia, destacaron a chegada de consumidores da área de influencia da Vila, especialmente participantes de Nigrán, Vigo, Gondomar, Mos, Oia e Tomiño, aínda que tamén se contabilizaron participantes de outros 20 municipios da provincia de Pontevedra. “Hai que engadir os consumidores procedentes de outras provincias galegas, sobre todo, dende Ourense, A Coruña, Sevilla, Madrid e Francia, concretamente dende o noso pobo irmán de Pornic, que visitaron Baiona co motivo do 20 aniversario do irmandamento”, apuntou Beatriz González.

Pola súa banda, o alcalde, Ángel Rodal, agradeceu o esforzo dos establecementos participantes no concurso e destacou a importancia do evento “de cara a un dos grandes obxectivos do equipo de goberno como é desestacionalizar o turismo” na Vila.

Antes de desvelar os gañadores do certame, levouse a cabo a entrega dos premios aos consumidores. Os establecementos aportaron máis de vinte premios, sendo o primeiro un ordenador portátil Asus. Ademais, Bodegas HGA sorteou unha noite para dúas persoas no Talaso Augas Santas, con recorrido mariño, cea, comida e visita con degustación á bodegas Regina Viarium.

- Publicidade -spot_img