Inicio Baixo Miño Tui será o punto de partida do proxecto “Peregrinaxe Marítima a Remo”

Tui será o punto de partida do proxecto “Peregrinaxe Marítima a Remo”

Tui será o punto de partida do proxecto “Peregrinaxe Marítima a Remo”
FOTO: no medio de ezquerda a dereitta. Rodrigo Arbones, Carlos Vázquez Padín,, Alec Jordan e Andrés Urseira

Onte foi presentada na Casa do Concello de Tui una iniciativa que ten como obxetivo que aqueles peregrinos que queiran facer o Camiño Xacobeo desde Tui, puedan facélo tamén a remo. Os promotores desta iniciativa- ainda que o proxecto non está definido- agardan que se poña en marcha este verán.

Na presentación estiveron presentes o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Deportes, Andrés Urseira, o promotor do proxecto Rodrigo Arbones, o deseñador de barcos en kit, Alec Jordan, xunto a representantes dos clubs de Remo de Tui, Bueu e Cangas.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, indicou que se trata dun proxecto interesante para Tui por todo o que implica que en Tui se ensamblen os barcos de remo para iniciar o camiño dende a cidade. Salientou amais o dobre interese do proxecto por esta vinculado ao río Miño e ao Camiño de Santiago, dous dos grandes activos da cidade.

O concelleiro de Deportes e Turismo, Andrés Urseira, fixo  fincapé no interese turístico deste proxecto co seu carácter diferenciador, e co feito de ter a Tui coma base do mesmo.

“Peregrinaxe Marítima a Remo”, trátase dunha iniciativa co obxectivo de crear unha flota de barcos coas que realizar a viaxe a remo seguindo no posible o Camiño pola Costa, dende as Rías Baixas ata Padrón.’De Catedral a Catedral’

Este proxecto do Camiño  comeza co ensamblado dos barcos en comunidade o que lle dá un valor añadido e plantexa a realización do mesmo cun percorrido de 100km e en cinco etapas a primeira polo río Miño dende Tui até A Guarda, a segunda dende Vigo, pasando por Cangas, Moaña e San Simón, até Pontevedra, a terceira partiría da cidade do Lérez até Bueu. A cuarta irá dende O Grove até Vilagarcía, e a última remataría en Pontecesures/Padrón.

Tui-presentación-pregrinaxe-remoRodrigo Arbones, promotor do proxecto explicou que “no que respecta ao camiño de Santiago hai unha carencia e é facélo a remo, tal e como se facía en naqueles paises como Irlanda no século XVI” e agarda sexa unha realidade este verán, sinalou que o mesmo xurdiu ante o interese que existía en facer o Camiño de Santiago en barcos de remo de forma discontinua polo río Miño e as Rías Baixas. Tras numerosos contactos nos últimos meses conta xa coa implicación dos dous clubs de remo de Tui, o Remo Tui e o Remo do Miño. O seguinte paso sería o ensamblado dos barcos que deseñou Alec Jordan, con capacidade para catro persoas e un temoneiro, proceso que durará aproximadamente 6 semanas. A navegación farase sempre a menos dunha milla da costa para garantir a seguridade dos peregrinos, e previo ao inicio do Camiño terían que facer un par de días de adestramento en Tui.

Pola súa parte Alec Jordan explicou coma a idea de barcos en kits xurdiu tras o encargo que lle fixo o Museo Naval de Escocia en 2009, e o que a priori parecía unha boa idea, resultou ser unha gran idea, dicía, xa que teñen distribuído máis de 300 barcos por distintos países.

Esta iniciativa vai dirixida a todo aquel que esté interesado pero o público obxectivo no que se pensa é o chegado desde Irlanda, Inglaterra ou Escocia, aproveitando as viaxes ofertadas por distintas liñas áreas no entorno.

 

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies