spot_img
InicioBaixo MiñoTui reúne nun folleto turístico a oferta hostaleira, de actividades de lecer...

Tui reúne nun folleto turístico a oferta hostaleira, de actividades de lecer e patrimoniais do municipio

O Salón de Plenos do Concello de Tui acolleu hoxe a presentación do novo folleto turístico da cidade. O acto contou coa presenza do concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, e de hostaleiros do municipio.

O Concello de Tui vén de editar un novo folleto turístico que por primeira vez abrangue toda a oferta de lecer de turismo activo e de hospedaxe no municipio.  En total, poñeranse en circulación 20.000 exemplares editados en tres idiomas -castelán, inglés e portugués-, aos que nas vindeiras semanas se sumarán outros tantos en galego, francés e alemán.  Os exemplares están xa dispoñibles na Oficina Municipal de Turismo e foron tamén repartidos entre os hostaleiros tudenses.

Edítanse 20 mil exemplares en castelán, inglés e portugués aos que se sumarán o galego, francés e alemán

Elaborase así, por vez primeira, en palabras do concelleiro de  Turismo, Laureano Alonso, “un compendio con todas as actividades turísticas nun único folleto para que o crecente número de visitantes coñeza de xeito áxil e cómodo a oferta da cidade”.  O folleto permite pór en valor a enorme oferta cultural e medioambiental tudense, con información sobre as visitas guiadas de balde ao conxunto histórico e ao patrimonio xudeu, o novo servizo lanzadeira de taxis ao Parque Natural do Monte Aloia, e o tren turístico da Eurocidade entre Tui e Valença.

tui-reune-nun-folleto-turistico-a-oferta-hostaleira-de-actividades-de-lecer-e-patrimoniais-do-municipio

Dende o concello búscase involucrar ao sector privado na promoción da cidade, xa que, segundo apuntou o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, “o turismo é un dos eixos fundamentais para o desenvolvemento económico e social e a estratexia para poñelo en valor debe ser común entre institucións públicas e sector privado” engadindo que é preciso o esforzo de todos para prestar servizos de calidade. Nesta estratexia o folleto inclúe tamén as principais actividades de turismo activo ofrecidas por empresas privadas como sendeirismo, piragüismo, rafting, rutas en bicicleta, paseos a cabalo…, así como a relación de hoteis, albergues e casas de turismo rural. Outros dos apartados da información ofrecida refírese ao conxunto histórico, á Catedral de Tui e ao Parque Natural do Monte Aloia.

Todo co obxectivo de “fidelizar aos turistas e peregrinos para que coñezan a nosa oferta e queden en Tui”, segundo apuntou o alcalde, Enrique Cabaleiro. Esta nova iniciativa do Concello, dentro da súa estratexia para potenciar e apoiar ao turismo no municipio, foi presentada esta mañá aos hostaleiros tudenses na casa do concello por parte do concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, do concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato e do alcalde, Enrique Cabaleiro.

Durante o ano 2016 un total de 54.466 persoas demandaron información turística na Oficina Municipal de Turismo de Tui e no Punto de Información Turística, o que supuxo un crecemento do 100% con respecto ao ano anterior, cando o turismo xa aumentara un 63%. Así mesmo, o Camiño Portugués de Santiago tamén rexistrou un importante auxe ao longo de 2016, xa que 15.159 persoas que obtiveron a Compostela o pasado ano iniciaron o seu camiño en Tui, 1.360 máis que en 2015. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo, sinalou ao respecto as boas previsións que hai para este ano.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.