spot_img
InicioBaixo MiñoTui reforza a súa aposta formativa coa implantación do grao en Turismo...

Tui reforza a súa aposta formativa coa implantación do grao en Turismo na aula da UNED

tui-reforza-a-sua-aposta-formativa-coa-implantacion-do-grao-en-turismo-na-aula-da-unedO alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o director do Centro Asociado da UNED en Pontevedra, Victor Manuel González Sánchez, formalizaron hoxe a sinatura dun convenio de colaboración que permitirá ampliar a oferta educativa da aula de Tui coa incorporación do Grado en Turismo. Este acordo supón un paso importante para fortalecer a formación académica na cidade, aliñándose coa vocación turística de Tui, clave no desenvolvemento económico e cultural local.

Revista Cousas De Nº22

No acto participaron tamén a concelleira de Ensino, Sonsoles Vicente, o responsable dos cursos de Extensión Universitaria no Centro Asociado da UNED en Pontevedra, Rafael Cotelo, e a coordinadora da Aula de Tui, Minerva Ojeda.

Tras a sinatura o alcalde, Enrique Cabaleiro, explicou que viñan traballando dende hai tempo para ampliar a oferta formativa da aula tudense da UNED, o que é agora unha realidade co Grao en Turismo que comezará a impartirse este mesmo curso tendo en conta que “o turismo é unha das principais fontes de dinamización da cidade” engadindo que “é sumamente importante achegar ao territorio este elemento formativo”.  Agradecía o rexedor tudense á UNED o seu compromiso coa cidade, e reafirmaba o compromiso da institución municipal coa Universidade de Educación a Distancia. Nese senso Enrique Cabaleiro destacou “o compromiso claro coa Educación coma se plasma nos orzamentos municipais” tanto no que a mantemento das instalacións educativas coma noutros eidos coma a aula universitaria tudense.  Animaba, Enrique Cabaleiro, a participar nas actividades formativas que ofrece a UNED en Tui.

O director do Centro Asociado da UNED de Pontevedra, Víctor Manuel González Sánchez, agradeceu o compromiso do Concello coa UNED. Sinalou que tras 15 anos na cidade  consideraron que era o momento de afianzar a relación e ampliar a oferta, de aí a incorporación do Grao en Turismo, que comezará xa co 1º e 2º curso desta titulación. Avanzaba que implantar estes estudios brindará tamén a oportunidade de levar a cabo outras accións formativas vinculadas ao turismo.

A concelleira de Ensino, Sonsoles Vicente, destacaba que aula tudense está máis que consolidada acollendo cada ano cursos de extensión universitaria máis interesantes. Engadía a edil que a educación é algo prioritario para o concello de aí a importancia de que “a UNED siga en Tui e siga crecendo e ter cada vez máis alumnado”.

A matrícula na UNED está aberta até o próximo 22 de outubro. As clases oficialmente comezarán o próximo luns 30 de setembro.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Este novo grao súmase ao Grao en Psicoloxía, que xa se imparte na aula tudense da UNED, reforzando así unha oferta académica. Ademais, cómpre destacar a ampla programación de cursos de extensión universitaria, nos que no ano pasado participaron 2 mil alumnos e alumnas.

O anuncio deste novo grao coincide coa véspera do Día Mundial de Turismo que se celebra mañá 27 de setembro.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.