spot_img
InicioBaixo MiñoTui presenta a nova sinalización da cidade histórica

Tui presenta a nova sinalización da cidade histórica

tui-presenta-a-nova-sinalizacion-da-cidade-historica

Pór en valor a cidade histórica de Tui, sinalizar os distintos monumentos e edificios destacados, e servir de indicación para acceder aos puntos de interese son tres dos obxectivos da nova sinalización instalada no conxunto histórico polo Concello de Tui cunha achega do 42% do importe total pola Axencia de Turismo de Galicia.

Hoxe a súa directora, Nava Castro e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, coñeceron in situ a execución deste proxecto acompañados polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez e outros membros da corporación municipal.

Nunha visita guiada polo historiador tudense, Suso Vila, coñeceron o contido e formato da sinalización instalada. Dende a Porta da Pía achegáronse ata a Praza de San Fernando, e as rúa Sanz, onde está o cárcere vello, e rúa San Telmo… Tamén puideron visitar o patio de Salomón, que forma parte da ruta xudía da cidade, sendo o único destas características que se conserva en Galicia.

tui-presenta-a-nova-sinalizacion-da-cidade-historica

Dende o goberno municipal agradeceron a Nava Castro a achega do seu departamento para levar a cabo este proxecto no que se tiveron en conta as especiais características da cidade histórica partindo coma premisas do respecto e integración no lugar. A concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez, explicou amais a intención do goberno de estender esta sinalización a outros lugares do termo municipal, tanto no casco urbano coma nas parroquias. Pero tamén se fixo un chamamento á colaboración cidadá no respecto dos sinais colocados xa que varios deles teñen sido obxecto de actos vandálicos na fin de semana, o último deles o da Catedral na Praza de San Fernando.

Enrique Cabaleiro, plantexou á administración autonómica estudar a fórmula para implicarse na restauración ou cando menos en medidas mínimas de conservación para o Teatro Principal.

Pola súa parte o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agradeceu tamén á Nava Castro a colaboración do seu departamento na execución deste proxecto. Aproveitou amais o rexedor para demandar da directora xeral de Turismo, Nava Castro, e do xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, atención sobre o camiño de Santiago ao seu paso pola cidade e por Valença. Ao tempo que plantexou á administración autonómica estudar a fórmula para implicarse na restauración ou cando menos en medidas mínimas de conservación para o Teatro Principal.

Características da sinalización

Instaláronse tres tipos de elementos: sinais interpretativos, sinais direccionais e sinais identificativos. En función do lugar onde foron colocados optouse por un panel vertical, unha placa ou un sinal urbano.  Os sinais interpretativos, que recollen unha descrición histórica e información direccional de recursos, están situadas na Porta da Pía, ou na rúa Sanz, punto de paso do Camiño de Santiago. Mentres os sinais direccionais recollen a dirección e o tempo aproximado ao que se sitúa un recurso turístico, coma pode ser a Catedral, o Albergue de Peregrinos ou a Oficina Municipal de Turismo. O terceiro tipo de sinal, os identificativos, ofrecen unha descrición histórica do monumento ou emprazamento, ampliable a través da plataforma dixital. A Catedral de Santa María, o Convento das Clarisas, as igrexas de San Domingos, San Bartolomeu ou San Francisco, a muralla medieval, o palco da música, os xardíns de Troncoso, ou as prazas de Fromista, da Armada, ou da Estrela son so unha parte dos elementos sinalados.

tui-pon-en-valor-a-cidade-historica-dotandoa-dunha-imaxe-uniforme-renovada-e-actualizada

Os sinais constan dunha placa metálica lacada ao forno co texto troquelado e baleirado na mesma placa. A rotulación da información realizouse en vinilo de alta calidade ofrecéndose en tres idiomas – galego, castelán e inglés – e incorporando o símbolo NFC e un código QR, que a través dos teléfonos móbiles intelixentes, permite o acceso á plataforma dixital para ampliar a información.

Amais da sinalización física púxose en marcha unha plataforma dixital, turismotui.mobi, á que dan acceso tanto o NFC  coma os códigos QR instalados na sinalización, onde se amplía a información sobre cada recurso con novos textos, fotografías, audioguías e vídeos, así coma localizándoos no mapa. Deste xeito ao través da plataforma é doado realizar unha visita guiada da cidade histórica de Tui seguindo esta información cun teléfono móbil intelixente. Esta plataforma permite tamén ir ampliando a información existente tanto en textos coma en imaxes, vídeos ou sons, e a creación de novos recursos non incorporados neste momento.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.