Inicio Baixo Miño Tui participa en FITUR 2020 presentando os seus recursos turísticos

Tui participa en FITUR 2020 presentando os seus recursos turísticos

a-mellora-da-interrelacion-da-beira-do-rio-en-tui-obxecto-dun-concurso-internacional-de-ideasTanto a Ruta Xudía coma o novo produto turístico do Xeodestino Baixo Miño – Ría de Vigo centran a súa participación

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, asistirá no marco da Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) a diversas presentacións onde se promoverán os recursos turísticos da nosa cidade.

En concreto a actividade estará centrada no mércores 23 de xaneiro, cando a nosa cidade estará protagonizando as seguintes actividades:

  • Acto Institucional no stand da Red de Juderías Pavillón 9 -Stand 9A04B, con especial presenza dos novos socios desta Rede, un deles a cidade de Tui, incorporados no pasado ano 2019.
  • Presentación xeodestino Baixo Miño en stand de Turismo de Galicia, 9C07/09 coa presentación dun novo produto turístico da comarca no que Tui ten especial protagonismo
  • Presentación “Legado judío en Galicia: Monforte, Ribadavia y Tui” en stand Turismo de Galicia, 9C07/09 no que participarán:
    • Alcalde de Monforte de Lemos tamén Presidente da Deputación de Lugo
    • Alcalde de Ribadavia
    • Alcalde de Tui
    • Directora de Turismo de Galicia
    • Xerente da Red de Juderías de España

Amais manterá contactos con outras organizacións de carácter turístico e cultural e relacionadas co Camiño de Santiago co obxectivo de impulsar a promoción turística da nosa cidade e o seu territorio, dende o convencemento que estamos diante dun sector estratéxico para a nosa cidade ao que cómpre apoiar e impulsar.

A presenza tudense en Fitur, auténtico escaparate do sector, é unha nova oportunidade para promover o coñecemento dos recursos turísticos da nosa cidade, centrados no patrimonio cultural tudense e a ruta xacobea.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies