spot_img
InicioBaixo MiñoTui e Versmold celebran dez anos irmandade estudando novos eidos de colaboración...

Tui e Versmold celebran dez anos irmandade estudando novos eidos de colaboración cara ao futuro

tui-e-versmold-celebran-dez-anos-irmandade-estudando-novos-eidos-de-colaboracion-cara-ao-futuroUnha delegación tudense, encabezada polo alcalde, visitou a cidade alemá participando nun novo acto conmemorativo deste décimo aniversario

Revista Cousas De Nº19

O acordo de irmandade entre Tui e a cidade alemá de Versmold goza de moi boa saúde tanto a nivel social coma institucional. Así quedou reflectido na viaxe que a pasada fin de semana realizaron a Alemaña o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, e na que tamén participaron representantes do Tyde e veciñanza tudense. Devolveron así a visita que en abril, coincidindo coas festas de San Telmo realizou unha delegación de Versmold a Tui encabezada polo burgomestre Michael Meyer-Hermann.

Hai dez anos que as dúas cidade asinaron o acordo de irmandade plasmando nun documento a relación existente entre ambos municipios dende hai décadas debido á emigración de poboación tudense, principalmente das parroquias de Paramos e Baldráns, a esta cidade xermana que conta cunha importante industria cárnica. Ese acordo de irmandade propiciou tender novos lazos entre Tui e Versmold, por exemplo no eido cultura ou deportivo, que se traduce na participación do Tyde anualmente nun encontro internacional que se celebra nesa cidade alemá. E no eido social cómpre destacar a creación da Asociación Tui-Versmold. Estúdanse agora novas vías de relación unha delas vinculada ao Camiño de Santiago, tendo en conta que preto de Versmold pasa a ruta xacobea entre Osnabruck e Aachen.

Na visita a Alemaña, a delegación tudense encabezada polo alcalde, Enrique Cabaleiro, visitou o Parlamento estatal de Renanian do Norte -Westfalia, sendo recibidos polo seu presidente, André Kuper, e onde o rexedor tudense asinou no libro de visitas.  Celebrouse amais un acto conmemorativo  do décimo aniversario deste acordo de irmandade na Sala Schützenhalle, en Versmold.

Enrique Cabaleiro sinalou tras a visita que “o balance é moi positivo” engadindo que “agora hai que seguir traballando de cara ao futuro para que esta irmandade teña sinais identitarias propias”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.