spot_img
InicioBaixo MiñoTui conta cunha nova senda sinalizada de dez quilómetros de lonxitude

Tui conta cunha nova senda sinalizada de dez quilómetros de lonxitude

A senda da Pedra Santa, cunha lonxitude de 9.995 metros, súmase á rede de sendeiros cos que conta o concello de Tui debidamente sinalizados e identificados.

O Concello de Tui vén de colocar nos últimos días os carteis explicativos do percorrido e de limpar un pequeno tramo do mesmo logo de que o club AndaTui levase a cabo a súa sinalización en branco e verde, por tratarse dunha senda local de menos de 10 quilómetros de acordo as marcas federativas.

A capela da Virxe do Camiño, a Ponte das Febres e os pontillóns sobre o Louro e o Lagartón son algúns dos puntos por onde pasa a senda da Pedra Santa

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto aos concelleiros de Medio Ambiente, José Martínez Tato e de Seguridade e Emprego, José Ramón Magán, percorreron este sendeiro comprobando o seu trazado. Trátase dunha senda circular que ten o seu principal acceso xunto á ponte sobre o río Louro na Veiga, en pleno Camiño de Santiago. Parte do seu traxecto coincide co do propio camiño portugués, pasando por lugares coma a capela da Virxe do Camiño ou a Ponte das Febres. Pero tamén transcorre polo pontillón do Louro e o Lagartón, enlazando coa senda que foi tamén habilitada este verán.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicou que este novo sendeiro súmase as sendas xa existentes dentro do proxecto integral das sendas do Miño e dos seus afluentes polo que se ten apostado dende o goberno local. Bríndanse así, en palabras de Enrique Cabaleiro, novos espazos a percorrer tanto para os propios tudenses coma para os que nos visitan.  Pola súa parte o concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato, explicou que a senda toma o seu  nome do seu paso pola Pedra Santa, un penedo do que a lenda dí que saíu a imaxe da Virxe do Camiño. Precisamente nos carteis colocados recóllese esa lenda en galego, castelán e inglés.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.