spot_img
InicioPontevedra e ÁreaTui celebra o 125 aniversario da Cruz do Aloia

Tui celebra o 125 aniversario da Cruz do Aloia

As visitas aos Parques Naturais de Galicia máis accesibles con intérpretes de signosTui celebra o 125 aniversario da Cruz do Aloia coincidindo coa tradicional Romaría das Angustias. Ás 8 h sairá unha camiñada dende a praza da Inmaculada até o cumio do Monte

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

Este domingo, 6 de xullo, celebrarase o  125 aniversario da Cruz do Parque Natural do Monte Aloia, coincidindo coa tradicional Romaría de Nosa Señora das Angustias. Unha camiñada, actos relixiosos, natureza e música forman parte do programa previsto.

O programa comezará ás 8 h cunha camiñada a pé desde a Praza da Inmaculada ata o alto do Parque Natural do Monte Aloia. Para participar, é preciso inscribirse previamente antes deste venres, 4 de xullo, enviando un correo co nome, apelidos e DNI a turismo@tui.gal ou biblioteca@tui.gal.

Medio Ambiente publica o novo Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque Natural Monte Aloia, que entrará en vigor o 14 de marzo
Ermida dedicada a San Xián

Xa no cumio do monte ás 12 h celebrarase na capela a misa na honra a Nosa Señora das Angustias, para dar paso a procesión que irá até a Cruz, onde se colocará unha coroa de loureiro conmemorativa deste 125 aniversario. Por último a Banda de Música Popular de Tui ofrecerá un concerto.

Dende o Concello de Tui convídan a participar neste acto conmemorativo do 125 aniversario da Cruz do Aloia, así coma na Romaría das Angustias que se celebrará como cada ano o primeiro domingo do mes de xullo, mantendo así as tradicións.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.