spot_img
InicioBaixo MiñoTui celebra esta fin de semana a terceira edición do Festival Arraianos

Tui celebra esta fin de semana a terceira edición do Festival Arraianos

Tui celebra esta fin de semana a tercera edición do Festival ArraianosOnte tivo lugar na Salón de Plenos do Concello de Tui a presentación da terceira edición do Festival Arraianos, que se vai celebrar na cidade do 31 de agosto ao 2 de setembro.

A presentación correu a cargo do alcalde Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría e a directora do festival, Andrea Castro.

A apertura do festival e do mercado medieval será o venres, as 20.00h, continuarán cun teatro medieval na zona do mercado e ceas de taberna, na praza da Fromista para a que hai que reservar praza. Rematará a primeira noite con Noite de Donzela as 23:30h na Praza de San Fernando.

O sábado as 12:00h abrirá o Mercado Medieval e dúas sesión de teatro medieval as 12:30h e 17:30h, ambas na zona do mercado. As 18:30h haberá a conquista do Miño, as 20:00h cortexo medieval e as 21:00h voda medieval. Para a noite hai dúas alternativas,  “noite das curuxas” ou festival medieval zombie.

O domingo abre cunha conferencia baixo o título “O Tui do S. XV”, as 13:00h, 17:00 e 19:00h haberá teatro medieval e as 18:00h  e 19:30h visita teatralizada “ A toma Irmandiña de Tui”.  O festival rematará con “Noite do Escudeiro” na praza de San Fernando.

O conselleiro de cultura, Eduardo Freiría, e o alcalde, Carlos Vázquez Padín destacaban na presentación esta mañá a importancia deste festival “xa que o conxunto histórico de Tui recobra a vida e o seu vínculo co pasado” e mostraban o seu apoio dende o Concello a iniciativas deste tipo.Tui celebra esta fin de semana a tercera edición do Festival Arraianos

Durante estes días, terás a oportunidade de coñecer a historia e o patrimonio desta cidade grazas ás actividades e espectáculos cun matiz propio da época. As caracterizacións, aínda que non obrigatorias, son recomendables, pois conseguirán mergullarte de cheo no Festival Arraianos.

HISTORIA DO FESTIVAL 

O Festival Arraianos foi deseñado a partires do traballo fin de máster da USC de Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte da tudense Andrea Costa Amorín. O traballo modificado foi presentado ao Concello de Tui para a realización do Festival, e dende o primeiro ano logrou o apoio de toda a corporación municipal.

MÁIS INFORMACIÓN: https://www.jabberwocky.es/festivalarraianos

Tui celebra esta fin de semana a tercera edición do Festival ArraianosTui celebra esta fin de semana a tercera edición do Festival ArraianosTui celebra esta fin de semana a tercera edición do Festival Arraianos

 

- Publicidade -spot_img