spot_img
InicioBaixo MiñoTui celebra as Letras Galegas coa XIX Feira do Libro Galego

Tui celebra as Letras Galegas coa XIX Feira do Libro Galego

tui-celebra-as-letras-galegas-coa-xix-feira-do-libro-galego

O Paseo da Corredoira de Tui acollerá o próximo martes, 17 de maio, Día das Letras Galegas, a XIX Feira do Libro Galego organizada polo Concello de Tui coa colaboración das librarías Iris, Espazo Lector Nobel e Valverde.

De forma paralela terá lugar unha Feira de Antigüidades.  A presentación destas dúas actividades tivo lugar esta mañá na casa do concello a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Ensino e Cultura, María José González, o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, e  Rosa Alonso e Pilar Fernández da Libraría Iris,  Javier Oliveira de Espazo Lector Nobel, e Maruchi Valverde da Libraría Valverde.

tui-celebra-as-letras-galegas-coa-xix-feira-do-libro-galego

A XIX Feira do Libro Galego, que  será inaugurada ás 12h, contará con 22 postos de libros en galego a cargo das tres librarías tudenses que ofrecerán as últimas novidades editoriais, clásicos da literatura galega, así coma a obra de Manuel María, autor homenaxeado este ano. Non faltarán tampouco as obras dos escritores tudenses.  Ata ás 22h o público poderá mercar os libros cun 10% de desconto.

Ao longo do día celebraranse distintas actividades de animación. Así os nenos poderán participar de 11.30h a 13.30h  e de 17.30h a 20.30h nun obradoiro de marcapáxinas e xogos populares a cargo de “En un Tris Tras”. Tras o acto de apertura iniciarase unha lectura colectiva de textos de Manuel María na que pode participar todo aquel que o desexe. Ás 12.15h actuará o grupo folclórico “Refaixos e Polainas” de Baldráns, e ás 13.15h será a quenda da Banda de Gaitas “Lembranzas da Terra” de Guillarei.  A actividade retomarase ás 16h co “Gran Xogo das Letras Galegas” dirixido a maiores de 6 anos a cargo de Eduvía, para o que é preciso inscribirse previamente na Biblioteca Municipal. Ás 17.30h actuará o grupo de música tradicional Arume de Malvas, ás 18.45h a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos e por último ás 20.30h o grupo portugués de cordas “6TÁS9”.

tui-celebra-as-letras-galegas-coa-xix-feira-do-libro-galego

Na presentación o alcalde, Enrique Cabaleiro, salientou o compromiso inequívoco do goberno municipal coa cultura, lembrando que a historia de Tui sempre estivo vinculada á creación artística e literaria.  Apuntaba amais que aderezar a feira coa serie de actuacións prevista reforza o seu carácter cultural. Fixo amais o rexedor tudense un convite á visitar a feira o próximo martes.

A concelleira de Ensino e Cultura, María José González, apuntou entre as novidades desta edición a lectura colectiva de textos de Manuel María, o reparto de marcapáxinas deseñados coa programación prevista entre os escolares, así coma a decoración da feira cos murais realizados polos centros educativos para “Tui lee”, as láminas elaboradas polo IES San Paio, e cos maios que realizaron os distintos colexios.

Tamén o martes 17 se vai celebrar no mes horario unha Feira de Antigüidades na que segundo o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, se van dar cita más de 50 postos de anticuarios galegos e portugueses no propio Paseo da Corredoira ata a Glorieta de Vigo.

Os representantes das Librarías Iris, Espazo Lector Nobel e Valverde, fixeron unha invitación a achegarse ata feira na que presentarán unha gran variedade de títulos.

 

- Publicidade -spot_img