spot_img
InicioBaixo MiñoTrinta barber@s de toda España xúntanse en Tomiño para cortar o pelo,...

Trinta barber@s de toda España xúntanse en Tomiño para cortar o pelo, peinar e afeitar nun acto solidario

trinta-barbers-toda-espana-xuntanse-tomino-cortar-pelo-peinar-e-afeitar-nun-acto-solidarioVirán desde Madrid, Valladolid, Tordesillas, Xixón, As Vegas, Oviedo, A Coruña, Benavente, Ourense, Lugo, Vigo e Tomiño.

30 peluquer@s e barber@os de toda España cortarán, peitearán e afeitarán a todas as persoas que que o desexen, por unha pequena cantidade ( 6 euros). Será o vindeiro domingo 1 de outubro na praza do Seixo de Tomiño e todo o recadado será entregado á Asociación Vontade, que segundo a manifestado Miguel Pazos, o seu director, será destinado a dar servizo ás familias que o necesitan. “O feito de que Barbeiros Solidarios” axúdenos vai permitir chegar un pouco máis lonxe” subliñou.

O evento solidario ten como obxectivo recadar fondos para a Asociación Vontade de Tomiño.

A carpa terá aberta as portas de 11:00 a 18:00 horas e ademais haberá inchables e xogos para nenos. O acto benéfico estará amenizado pola banda “Árgunat Band”.

QUEN É QUEN

Anahil González Bouzas, propietaria da peluquería Espazo Vip, que leva 10 anos en Tomiño. Ela foi quen contactou con Vontade para propoñerles levar adiante esta iniciativa. Anahil pertence a Asociación ‘Mujeres Barberas’ desde fai 2 anos. Cóntanos que todo esto comezou en Lebrija en 2014 e que ela xa participou en moitos eventos como este en outras partes de España.

ASOCIACIÓN VONTADE. O  equipo de Asociación de Persoas con Discapacidade “Vontade” , co seu director Miguel Pazos ao fronte, discute e acorda con cada usuario ou o seu grupo familiar unha estratexia para gañar calidade de vida, defender os dereitos do usuario e acometer os pasos necesarios para a súa plena integración social.  Proxectos como o de Vontade , ten permitido un avance humanitario que repercute directamente na dignidade social. Un cambio de paradigma que provoca cambios radicais na vida das persoas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.