Descansar é un asunto moi persoal: só cada cal coñece as actividades que o descansan. Pero os trazos comúns a todas as actividades que descansan son as que producen relax e proporcionan goce.
O relax é o antídoto da tensión ou estrés que desgastan as forzas físicas e psíquicas, e xeran sensación de fatiga. O goce produce afectos e sensacións positivas, que dilúen ou neutralizan as negativas que acompañan ao cansazo.
Segundo o doutor Fernando Sarráis, especialista do Departamento de Psiquiatría da Clínica Universidade de Navarra, para conseguir o relax e o goce, e así descansar mellor, hai que dar importancia á actitude con que se realizan as actividades que descansan. Hai, por exemplo, quen non descansan porque realizan esas actividades de modo competitivo, obsesivo; ou porque se acompañan de persoas que contaxian negativismo, que tensan e fan sufrir.
Tres ideas que poden axudar a descansar a todo o mundo son:
1. Contemplar as cousas e as persoas bonitas, boas e auténticas, pois producen relax e goce. Exemplos de cousas que teñen estas calidades son a boa música, literatura, o paseo pola natureza, o cinema, as mascotas.
2. Sentirse querido e facer cousas agradables con persoas que nos queren e ás que queremos, pois con elas, ao non ter que actuar ou que esforzarnos para conquistar o seu aprecio, podemos relaxarnos e ser nós mesmos. O agarimo que nos dan prodúcenos afectos positivos que neutralizan os negativos do cansazo.
3. Falouse moito da eficacia da risa, do bo humor, para combater a tensión. E como o traballo cansa pola tensión e a tensión que leva, as actividades que producen risa ou bo humor son un bo medio para descansar. Por outra banda, vivir e traballar con alegría e bo humor evita cansarse demasiado.
Esta idea está na liña do consello popular que di: “hai que pór ao mal tempo boa cara”, para poder ser feliz na vida: a felicidade descansa e evita a fatiga, sobre todo a psicolóxica. Convén, por tanto, evitar no posible, os afectos negativos (enfados, preocupacións, temores, présas, inseguridades) e ter unha actitude positiva ante a vida.
//3 ideas para descansar mellor foi publicado orixinalmente no blog da Clínica Universidade de Navarra.




