Inicio Galicia Tono Campos medalla de prata no Mundial de Brandeburgo

Tono Campos medalla de prata no Mundial de Brandeburgo

tono-campos

Campos logra a primeira medalla para España nestes mundiais, a outra cara da moeda viviuna Iván Aloso que terminou en quinta posición a menos dun segundo das medallas.

Ás 11:35 da mañá do sábado dábase a saída á carreira do C1 senior na que o grovense Tono Campos conseguía o subcampeonato mundial por segundo ano consecutivo. Campos xogouse a vitoria co húngaro Marton Kover ao sprint despois dos 26 quilómetros que constaba a proba, repetíase entón a mesma situación que no campionato de Europa de Pontevedra, pero esta vez a balanza decantouse do padeeiro de Hungría. A terceira posición foi para Nuno Barros de Portugal. Nesta regata Diego Romero conseguiu un meritorio sexto posto.

Por outra banda Iván Alonso foi quinto no K1 senior. Alonso estivo durante os 30 quilómetros de percorrido no numeroso grupo de cabeza, sempre ben situado para poder optar a medalla ao final. O forte vento e as ondas que había na pista fixeron que a regata fose máis dura do esperado e Iván utilizou unha táctica conservadora que lle valeu para chegar aos últimos 500 metros con opcións de podio. Foron cinco os deportistas que chegaron con opcións de vitoria a este tramo final e despois de lanzar un longo ataque o surafricano Hank Mc Gregor conseguía o seu cuarto título mundial consecutivo e o sexto da súa carreira deportiva, segundo sería o seu compañeiro de selección Andrew Birkett, terceiro o portugués Jose Ramalho, cuarto Adrian Boros de Hungría e finalmente Iván Alonso que non puido seguir co refacho de medallas que levaba desde o ano 2012.

Tanto Tono Campos como Iván Alonso xa están a pensar o día de hoxe no que van volver a entrar en competición, esta vez na embarcación dobre. Tono competirá no C2 con Jose Sánchez e terán como máximos rivais ás dúas piraguas húngaras e á parella do Kayak Tudense de Óscar Graña e Ramón Ferro. Polo seu lado Alonso sairá con Diego Piña a loitar polos metais en xogo, esta dupla é a actual campioa de europa sendo os seus principais rivais a piragua de Sudáfrica na que tamén participa Mc Gregor e as dúas k2 de Hungría.

Polo que respecta a hoxe, a padeeira do Breogán Nuria Villace remará xunto coa estremeña Estefanía Fernández no K2. Os canoistas do Piragüismo A Illa Yeray García e Carlos Canón que o farán en C2 xuvenil.

No día de hoxe tamén competiron Catuxa Fabeiro e Fátima Ordóñez en K2 xuvenil, as de Catoira non puideron acabar a regata, ao sufrir problemas físicos unha delas que lles obrigou a abandonar.

Nesta ligazón pódense consultar todos os resultados

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies