Inicio Pontevedra Tono Campos e Natalia García logran a vitoria en Verducido

Tono Campos e Natalia García logran a vitoria en Verducido

tono-campos-e-natalia-garcia-logran-a-vitoria-en-verducido

O pasado sábado celebrouse no encoro David Cal en Verducido un control de seguimento organizado polo comité técnico da Fegapi sobre a distancia de 5000m, para as categorías cadete, xuvenil, senior e veteranos.

A categoría home senior kaiak non puido competir ao ser suspendida a competición polas condicións metereológicas.

Presentábase unha competición moi dura debido ao forte vento que se prevía, a primeira proba que se disputou foi a da modalidade de canoa, onde saían as categorías home senior e xuvenil, a vitoria en senior foi para Tono Campos do Club Breogán O Grove, seguido do seu compañeiro de equipo Diego Romeu, a terceira posición foi para Adrián Sieiro do Club Piragüismo Poio.

David Barreiro do Club Náutico Rodeira foi o primeiro en categoría Xuvenil seguido do seu compañeiro de club Pablo Graña e terceiro foi Rubén Fernández do Club Piragüismo Rías Baixas.

Natalia García do Club Breogán do Grove logrou a vitoria despois dun disputado sprint con Camila Morison do Club Náutico Pontecesures, a terceira praza foi para Tania Alvarez do Club Breogán.

Alexandre Castro do C.E.P. Cidade de Pontevedra foi o primeiro en entrar en meta a categoría home kaiak xuvenil, Luís Rodríguez do Club Piragüismo Portonovo foi segundo e terceiro sería Manuel Rey do Club Náutico Firrete.

A vitoria na categoría muller xuvenil foi para Marta Igrexas do Club de Mar Ría de Aldán, seguida de Carolina García do C.E.P Cidade de Pontevedra chegando en terceira posición Irene Dacosta do Club de Mar Ría de Aldán.

Franciso Silva e David Ribeiro do Club Piragüismo Portonovo lograron a primeira e segunda posición en home cadete kaiak, o terceiro en entrar en meta foi Xoel García do Club Kaiak Foz. Nesta mesma categoría pero na modalidade de canoa a vitoria foi para Mario Rey do Club Náutico Firrete, seguíronlle Manuel Fontáns do Club Naútico Ou Muiño e Pedro Citoula do Club Náutico Pontecesures.

En categoría muller cadete Kaiak a vitoria foi para Carla Frieiro do Club As Torres Romaría Viquinga, seguida por Ana González do Club Náutico Firrete e Sarah Miguel do Club Naval de Pontevedra.

As dúas últimas probas programadas para a mañá tivéronse que suspender debido ao forte vento que facía a pista impracticable para a práctica do piragüismo, así os home senior e veteranos na modalidade de kaiak tiveron que marcharse ás súas casas sen poder medir as súas forzas.

O próximo 27 de febreiro disputarase será o Campionato Galego de Fondo sobre a distancia de 5.000m, esta competición será a primeira oficial das distintas ligas 2016 e servirá como preparación para o campionato de España de Inverno que se vai a celebrar en Sevilla o 12 de Marzo.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies