spot_img
InicioBaixo MiñoTomiño recibe, xunto con outros 13 concellos, unha embarcación para augas interiores...

Tomiño recibe, xunto con outros 13 concellos, unha embarcación para augas interiores que será utilizada polo servizo de emerxencias e Protección Civil

tomino-recibe-xunto-con-outros-13-concellos-unha-embarcacion-para-augas-interiores-que-sera-utilizada-polo-servizo-de-emerxencias-e-proteccion-civil

A Xunta de Galicia mellora os medios de emerxencias e de Protección Civil coa entrega de 14 embarcacións para augas interiores.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega hoxe de catorce embarcacións para augas interiores que serán utilizadas polos servizos de emerxencias e Protección Civil das catro provincias galegas. Nos últimos meses, o Goberno galego investiu case cinco millóns de euros nunha entrega de material extraordinaria destinada a mellorar os medios destes colectivos.

Nun acto celebrado na praia do Lago de As Pontes, o vicepresidente da Xunta destacou o labor desenvolvido a diario polos servizos de emerxencias e de Protección Civil e recalcou a importancia de investir fondos na prevención para poder ser despois máis eficaces. O obxectivo, asegurou, é que os integrantes das agrupacións estean mellor preparados e mellor dotados que nunca.

Durante o acto, ao que tamén asistiu o director xeral de Emerxencias e Interior, Luís Menor, e boa parte dos alcaldes dos concellos beneficiados, entre os cales estaba a alcaldesa de Tomiño, púidose asistir en directo a unha demostración práctica dos novos medios postos a disposición dos efectivos.

tomiño zodiac protección civil

Rueda resaltou o apoio e o recoñecemento demostrados pola Xunta de Galicia co traballo dos voluntarios de Protección Civil dous días despois do acto de homenaxe celebrado na Estrada e quixo poñer en valor o seu esforzo, o seu compromiso e o seu labor.

Os beneficiarios das embarcacións son A Estrada, A Gudiña, As Pontes, Avión, Brión, Chantada, Curtis, O Barco, Padrón, Ribadavia, Ribas de Sil, Tomiño, Vilalba e o Grupo de Apoio Loxístico ás Emerxencias (Gali). O custe total foi de preto de 165.000 euros.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.