spot_img
InicioBaixo MiñoTomiño quere unha biblioteca municipal divertida, cálida e que convide á integración

Tomiño quere unha biblioteca municipal divertida, cálida e que convide á integración

Como lle gustaría que fose a futura biblioteca municipal?

“Espazo de encontro, nave nodriza, espazo socio comunitario de cultura versátil, centro de recursos culturais e sociais, centro de ocio cultural social, espazo divertido e cálido que convide á creación e a integración…” son algunhas das definicións dadas pola xente de Tomiño, cando se lle preguntou como lle gustaría que fose a futura biblioteca municipal.

Onte sábado, ao mediodía, tivo lugar a presentación do estudo participativo levado a cabo durante catro meses, polo Concello co fin de coñecer as preferencias e necesidades da cidadanía respecto ao futuro centro, que estará situado no edificio anexo ao Mercado Municipal, pola rúa Colón.

Segundo os datos achegados pola técnica responsable do estudo, Susana Rodríguez, no proceso  participaron máis 250 persoas de diferentes idades (de 3 a 90 anos) e sectores da poboación (educación, asociacións culturais, veciñais, deportivas, persoas con discapacidade, etc.),

As conclusións do traballo desenvolto, a partir de agora, darán pe é redacción do proxecto técnico da futura instalación.

O lema elixido para levar a cabo o estudo da biblioteca foi “Ideas que constrúen, sentando as bases da nosa biblioteca municipal”, co fin de fomentar a participación e o debate.

A alcaldesa xustificou a realización deste estudo previo á redacción do proxecto. “O que pretendemos é lograr ter unha biblioteca querida e pensada pola cidadanía; dinámica, moderna, creativa, eficiente, integradora; que responda ás necesidades dos diferentes perfís sociais: nen@s, mocidade, comunidade educativa, maiores, etc.”.

No que respecta á distribución do espazo, a veciñanza fixo moitas propostas: na planta baixa, “zona de ruído, ampla, diáfana, con paredes de cristal separando as oficinas; combinación de varios espazos (zona de audiovisuais, mediateca, zona de xogos educativos, zona de prensa, revistas, albumes ilustrados e cómics, zona de encontro de asociacións ou xuntanzas veciñais, zona para actuacións teatrais, charlas, zona de exposicións, etc.)”. Houbo quen planeou a creación dunha “zona da memoria Tomiñesa ou cultura local (patrimonio, cultura, arte, investigación…), café-libraría, actividades para clubs de lectura, sala de ordenadores…”.

A segunda planta, as persoas consultadas dixeron que debería contar, cunha zona de silencio e traballo de grupo; espazo dedicado a consulta e estudo, baños adaptados aula multiusos, e aula Cemit.

No acto, participou, coma convidada, Luz Corral, directora da rede de bibliotecas de Oleiros, que relatou a experiencia das bibliotecas e a integración dos centros parroquiais á rede, no seu concello.

Por último, Bea Campos e David González, de Migallas Teatro, ofreceron un conto de Castelao e outro tradicional galego-portugués: o “Tío Lobo”.

 DATOS de interese:

253 persoas participantes (ata o momento).

Idades: de 3 a 90 años.

Colectivos sociais:

Centros escolares: Infancia, adolescencia, xuventude. Profesionais, familias, alumn@s.

Desempregad@s, traballador@s en activo, xubilad@s.

Colectivos vulnerables: persoas con trastorno mental, en comunidade terapéutica, persoas-adult@s e nen@s- con diversidade funcional, física e intelectual. Profesionais da intervención, familias e usuari@s.

Texido asociativo: asociacións de veciños, asociacións culturais e musicais.

Sectores: profesionais de educación, arte, audiovisuais, informática, comercio local, servizos sociais, servizos culturais, voluntariado, servizos domésticos, universidade, música, tv, turismo, servicios sanitarios.

Número de entrevistas de grupo: 26

Número de bibliotecas visitadas: 21

Número de bibliotecas investigadas web: 17

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.