spot_img
InicioBaixo MiñoTomiño prepara a 14ª Mostra de Cultivos do Baixo Miño, con novidades...

Tomiño prepara a 14ª Mostra de Cultivos do Baixo Miño, con novidades na produción e distribución de planta ornamental

tomino-prepara-a-14a-mostra-de-cultivos-do-baixo-mino-con-novidades-na-producion-e-distribucion-de-planta-ornamental

Coincidindo co Ano Internacional do Turismo Sostible para o Desenvolvemento, o eixo central da Mostra 2017, os días 4 e 5 de marzo, será a sostenibilidade

O Concello de Tomiño e acuBam  (Asociación de Cultivos do Baixo Miño) organizan os días 4 e 5 de marzo de 2017, a 14ª edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño.

A mostra contará un ano máis, con conferencias e xornadas técnicas, especialmente dirixidas aos profesionais do sector, así como coa segunda edición de “acuBam innovación”, un espazo destinado a resaltar de forma significativa aquelas melloras, avances ou novidades de cada un dos expositores.

Asemade, organízanse actividades complementarias, con exhibicións e presentacións para público xeral.

Entre as actividades destaca a conferencia “Presente e futuro da xardinería”a cargo de Íñigo Segurola (Programas BRICOMANÍA e DECOGARDEN en Tele 5 e TVE 2), así coma o proxecto escolar “As nosas amigas as plantas” e a exposición de pintura e escultura de artistas da zona.

Coincidindo co Ano Internacional do Turismo Sostible para o Desenvolvemento, o eixo central da Mostra 2017 será a sostenibilidade, entendida como a convivencia harmónica de economía, sociedade e medio ambiente.

“A comarca do Baixo Miño é un paraíso natural onde o sector dos cultivos ten un peso económico importante. O obxectivo dos viveiros é seguir criterios sostibles nas súas producións, con boas prácticas agrícolas e unha conexión co seu entorno máis próximo, participando en proxectos educativos para a infancia e a mocidade”, comentan os organizadores.

PROGRAMA

SÁBADO 04 de marzo 2017

9:30 h. Apertura

10:00h – 11:45 h. Debate aberto

Realidade do sector hoxe

Antón Vázquez Caamaño (Inspector de Sanidade Vexetal da Xunta de Galicia)

José Collazo (Xerente de Viveiros Río Tollo)

Venancio Outeda (Xerente do centro de xardinería O Piñeiro)

Emilio Estévez (Xerente de Coplant)

12:00 – 12:15 h. Plan Estratéxico

Presentación do “Plan Estratéxico e operativo para a mellora da competitividade e valorización dos sectores planta ornamental e flor

José Collazo (equipo técnico de acuBam)

Bea Covela (equipo de comunicación de acuBam)

12:30 h. Acto de inauguración oficial da Mostra 2017

16:30 – 18.00 h. Conferencia

“Presente e futuro da xardinería”

Íñigo Segurola (Dirección, realización e presentación da sección de xardinería no programa BRICOMANÍA e DECOGARDEN en Tele 5 e TVE 2).

16:00 h. II Xornadas técnicas formativas da auga

“Adaptación das TIC´s ás comunidades de usuarios/as”. Rafael Carrera

“Funcionamento, eficacia e innovación da nano filtración”. Gregory Travaille

“Lámina de forrado para instalacións de auga de consumo humano”. Cristóbal López

18:15 h. acuBam Innovación 2017

Stand de novidades que promoven a competitividade e mellora empresarial do sector

 

DOMINGO 05 de marzo 2017

10 h. Apertura

11:00 – 13:30 h. Exhibición poda en altura

Cerne arboricultura

11:30 h. Presentación As nosas amigas as plantas IV

Exposición dos traballos realizados polos escolares durante o proxecto educativo “As nosas amigas as plantas IV”.

12:00 h. Conferencia

“Plan revitaliza, xestión de materia orgánica mediante a compostaxe”

María Martínez Abraldes

16:30 – 18:30 h. Exhibición poda en altura

Cerne arboricultura

17:00 h. Demostración

“Pasión por el verde”

Íñigo Segurola (Dirección, realización e presentación da sección de xardinería no programa BRICOMANÍA e DECOGARDEN en Tele 5 e TVE 2).

Durante toda a xornada:

  • Exposición de arte coa temática do sector.

Artistas da comarca do Baixo Miño. Pintura: Orlanda Gomes, Jose Luis Rodríguez, Naa Martínez, Freda Mills P, Libia Domínguez. Escultura: Luis 7, Xuxo Malone, Adrián Pena I, Ignacio Moure.

  • Actividades infantís:

Bus de Reciclaxe Ecoembes

Inchable

Gran xogo de reciclaxe

  • “As plantas cóntanos os seus segredos”

Paseo guiado polo alumnado do ciclo forestal do IES Tomiño. Participación aberta ao público xeral.

19:00 h. Acto de clausura oficial da Mostra 2017

Presidenta de acuBam, viveiristas, colaboradores e autoridades políticas.

 

- Publicidade -spot_img