Tomiño pon en marcha o programa socio-educativo “Medrando en Familia”

foto da edición anterior (obradoiro Medrando co meu bebé)

O Concello de Tomiño pon en marcha o vindeiro venres, 9 de novembro, o programa socio-educativo “Medrando en Familia”, co obxectivo de influír no benestar dos máis cativos, a través dun proxecto de intervención socio-comunitario, centrado prioritariamente nas familias con menores de 6 anos.

Os dous primeiros obradoiros, “Medrando e xogando” e “ Xogando e explorando”, comezan o vindeiro venres, 9 de novembro na Escola Infantil do Seixo; de 16.30 a 18.00 horas o primeiro, e de 18.30 a 19.30 horas o segundo. O primeiro deles está dirixido a familias con bebés de 10 a 18 meses, e o segundo a familias con nenos e nenas de entre 19 e 36 meses, que traballarán temas de psicomotricidade, autonomía, confianza, etc.

O seguinte venres, 16 de novembro, ás 17.00 horas, comezará o terceiro obradoiro, “Medrando co meu bebé” de aprendizaxe motora, para familias con bebés de 3 a 9 meses.

Por outra banda, o luns 26 de novembro celebrarase a charla “Cos xoguetes non se xoga”, a cargo de Noelia Comesaña Rodríguez, psicóloga e psicoterapeuta familiar. Será na Casa da Cultura, ás 18.00h e haberá servizo de canguros, sendo necesario inscribirse previamente (Departamento de Benestar. A Rocha, 8.Teléfono 986 622 001; benestar@tomino.gal).

Por último, o programa propón unha sesión de teatro interactivo, con “Minia convídate a xogar”, dirixida a menores de 6 anos. Será o domingo 16 de decembro ás cinco da tarde na Casa da Cultura (aforo máximo 30 familias, polo que é necesario inscribirse previamente).

O programa, cofinanciado pola Obra Social La Caixa, abrangue tres áreas de intervención: espazos de encontro de carácter grupal, nos que abordar inquedanzas colectivas; obradoiros de traballo en familia, e intervencións individualizadas no entorno familiar.

A concelleira de Benestar, Cristina Martínez, explica que o obxectivo é “estimular o establecemento de pautas básicas no eido familiar, fomentando hábitos positivos de comunicación e interacción entre nais, pais e fillos ou fillas. “Consideramos que a través deste proxecto socio-educativo, centrado na estimulación temperá, podemos detectar e traballar, de maneira coordinada coa familia, dotándoa de recursos para previr a exclusión social, a pobreza educativa infantil, etc.”.

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies