spot_img
InicioBaixo MiñoTomiño planta unha figueira filla da da casa de Rosalía de Castro

Tomiño planta unha figueira filla da da casa de Rosalía de Castro

Tomiño planta unha figueira filla da da casa de Rosalía de CastroEste acto puxo o broche de ouro á programación dos actos de conmemoración do nacemento da poeta e escritora galega. As persoas asistentes, entre as que se atopaba o presidente da Fundación Rosalía de Castro, recibiron unha camelia e un poema da autora

Unha filla da figueira da casa da escritora Rosalía de Castro en Padrón, foi plantada onte en Tomiño. Presidiron o acto a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, co fin de homenaxear á figura da gran muller das letras galegas no seu 185 aniversario.

A plantación tivo lugar ás 12 do mediodía no terreo anexo ao Edificio de Benestar do Concello de Tomiño, situado no barrio da Rocha, nas proximidades da Casa da Cultura. O acto contou coa participación de integrantes do Consello da Infancia e Adolescencia Voces Novas, que leron varios poemas, e de dúas compoñentes do Grupo de Gaitas Virxe do Alivio, que puxeron a nota musical.

Con esta plantación, o Concello quixo homenaxear a Rosalía de Castro, reafirmando o seu compromiso coa Fundación do mesmo nome, da que é mecenas desde hai un par de anos.

Este acto puxo o broche á programación dos actos de conmemoración do nacemento da poeta e escritora galega. As persoas asistentes recibiron unha flor de camelia e un poema da autora. Así mesmo, o Concello agasallou á Casa de Rosalía de Castro cunha planta de camelia.

Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, declarou que “para nós é unha honra, que esta figueira que é pequeniña, medre, como medre tamén a nosa colaboración durante este ano e no futuro” O representante da fundación salientou que Tomiño foi un dos primeiros concellos mecenas da Casa de Rosalía na nova etapa etamén no pasado.

A alcaldesa pola súa banda sinalou que a pequena figueira plantada hoxe simboliza a unión de Tomiño coa fundación e coa casa de Rosalía; lembrando que o mecenazgo foi aprobado en pleno por unanimidade e que agarda que xurdan novos proxectos culturais entre as dúas entidades. Así mesmo, a alcaldesa agradeceu a labor da concelleira de Cultura, Ani Fernandez, “rosaliana de formación e devoción que levou todo o traballo da organización dos actos conmemorativos”.

A figueira orixinal (un exemplar de Ficus Carica L, da Rexión Mediterránea, Asia Menor), preside o xardín da casa da escritora sita en Padrón. Árbore monumental e senlleira dos tempos de Rosalía, é un dos rexistros florísticos máis prezados de Galicia e unha das árbores protagonistas indiscutible da finca, que leva resistindo heroicamente as inclemencias do tempo e a escasa lonxevidade da súa especie. Non existe documentación que permita coñecer a data de plantación, aínda que é probable que a propia Rosalía a plantara tendo en conta os versos publicados en ‘Cantares galegos’ en 1863: “Miña terra, miña terra, terra onde me eu criéi, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantéi”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.