spot_img
InicioBaixo MiñoTomiño participa no III Encontro da Rede Nacional da Cidade das Nenas...

Tomiño participa no III Encontro da Rede Nacional da Cidade das Nenas e dos Nenos

tomino-participa-no-iii-encontro-da-rede-nacional-da-cidade-das-nenas-e-dos-nenosTomiño participa no III Encontro da Rede Nacional da Cidade das Nenas e dos Nenos

Tomiño quere deseñar o seu futuro á medida dos nenos e das nenas, para que poidan fomentar a súa participación e involucralos no devir de políticas públicas que permitan aumentar a autonomía de rapaces e rapazas, tanto desde o punto de vista educativo como do espazo urbano. Por este motivo, acudiu estes días ao III Encontro da Rede Nacional da Cidade das Nenas e Nenos que se celebrou en Huesca e que reuniu a representantes de concellos e de diferentes entidades xunto ao creador do proxecto, o pedagogo Francesco Tonucci.

Durante dous días a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o concelleiro de Planificación Territorial, Uxío Benítez, formaron parte dos grupos de traballo para poñer traballo en común e analizar as políticas públicas desde a participación infantil, as experiencias, a investigación e a innovación para crear un proxecto de cidade para toda a cidadanía. “Estamos aprendendo cos mellores, como o ideólogo do proxecto. Cidades, vilas e pobos de todo o estado traballando xuntos para aprender a darlle aos nosos nenos e nenas participación, para crear espazos urbanos de calidade e para seguir recollendo ideas”, salientou a alcaldesa.

O Concello de Tomiño xa ten avanzado moito neste eido coa posta en marcha en decembro do Consello da Infancia e da Adolescencia, no que 10 rapaces e rapazas da vila traballan xuntos para mellorar as condicións de vida dos nenos, nenas e adolescentes ao tempo que se fomenta a súa participación activa na vida municipal e a promoción de políticas locais que garantan o seu desenvolvemento integral.

Nestes dous días, os participantes neste terceiro encontro reflexionaron sobre as diferentes liñas de innovación en participación infantil que se levan a cabo e sobre a formación centrada na transversalidade do proxecto e participaron na charla sobre ‘A autonomía dos nenos e nenas, un dereito e necesidade para eles e un recurso para a escola e a cidade’ impartida polo propio Francesco Tonucci.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.