spot_img
InicioBaixo MiñoTomiño lembrará o 188º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro co...

Tomiño lembrará o 188º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro co recital poético e musical de Pablo Vila

tomino-lembrara-o-188o-aniversario-do-nacemento-de-rosalia-de-castro-co-recital-poetico-e-musical-de-pablo-vilaOito poemas musicalizados e oito poemas que serven de enlace, propoñen ao público unha viaxe moi especial a través do tempo e da memoria

Revista Cousas de Nº24

O músico, cantautor, poeta e escritor vigués, Pablo Vila, cun estilo musical propio e letras profundas, presentará o vindeiro domingo 23 de febreiro, a partir das 17.30h na Praza Cultura (Goián), “O soño e o eco a Rosalía de Castro”, un recital poético, composto (por encargo do Concello) por 8 poemas (musicados) da escritora e oito textos que serven de enlace. Trátase, segundo explica o autor, dunha viaxe a través do tempo, da memoria, da historia e da paixón. Un soño lírico no que Pablo Vila visita a Rosalía nun enclave relacionado con ela, a súa vida e o fondo da súa poesía. E no que, en verso, ambos dialogan sobre o poema musicado e interpretado a continuación.

O artista vigués leva un año preparando e musicalizando os poemas para estrealos ese día. “Bo, xa o podo dicir. Levo meses traballando nun monográfico sobre Rosalía de Castro. Que terá como nome “O soño e o eco a Rosalía de Castro” Será un novo camiño do meu traballo, homónimo, e terá lugar en Tomiño este mes de febreiro. Foi unha viaxe preciosa que espero emocione e voe moi lonxe. Grazas a l@s que confiaron en min”, declaraba hai pouco o cantautor

Cun estilo musical a medio camiño entre o rock, o pop e a canción de autor; ritmo e son en evolución constante e letras cargadas de ironía, transmite a súa visión crítica e vitalista de temas sociais e humanos, sen perder o carácter íntimo e persoal. Neste proxecto, que poderemos coñecer o día 23 de febreiro coa colaboración da Xunta de Galicia e Deputación Provincial, asistiremos a unha intimista presentación lírico-poética, con fío condutor en verso, e a modo de conversa coa grande escritora galega.

Pablo Vila é un coñecido cantautor, músico e escritor español radicado en Vigo, Galicia, e moi vinculado a Salamanca. Escribe en galego e español. O seu primeiro disco “Veas rotas”, foi gravado en 2021 en Madrid. Nel recolle cinco temas orixinais de corte existencial, persoal e social. En constante estado de creación, móvese en escenarios emblemáticos de Vigo. En 2019 publica “Os Fillos dá Memoria”, unha novela breve inspirada no relato dos recordos da infancia da súa nai, os cales transcorren nun afastado pobo agrícola, na época da posguerra.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.