spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaFaladoiro de Emilio X. Ínsua sobre Castelao nas Irmandades da Falasobre en...

Faladoiro de Emilio X. Ínsua sobre Castelao nas Irmandades da Falasobre en Redondela

faladoiro-de-emilio-x-insua-sobre-castelao-nas-irmandades-da-falasobre-en-redondelaA Oficina de Turismo de Redondela acollerá a segunda actividade vencellada ao Ano Castelao. Trátase dun coloquio arredor da militancia de Castelao nas Irmandades da Fala e no Partido Galeguista. O fío condutor será a súa relación con Antón Villar

Revista Cousas de Nº24

Ponte, a quen Castelao tiña como a orixe mesma do galeguismo. Por esa razón o convidado é Emilio X. Ínsua, autor dunha monumental tese de doutoramento sobre Antón Villar e de varios libros sobre as Irmandades da Fala e o período do nacionalismo galego de preguerra.

O coloquio, ao igual que sucedeu coa conferencia de Ramón Villares, será unha conversa entre o moderador, Xurxo Martínez, técnico de Normalización no Concello de Redondela, e o convidado.  Este formato facilite o dinamismo da charla, onde se animará tamén á participación do público.

A entrada é de balde até completar capacidade.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.