spot_img
InicioBaixo MiñoTomiño investe máis de 200.000 euros en formar técnicos en turismo e...

Tomiño investe máis de 200.000 euros en formar técnicos en turismo e deseño de páxinas web

Obradoiro-Tomiño

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acompañada polo delegado de la Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, clausurou hoxe a acción formativa

Vinte novos técnicos en turismo e deseño de páxinas web, recibiron hoxe o seu diploma, tras asistir seis meses ao Obradoiro de Emprego “Dinamización turística de Tomiño 2016”.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acompañada polo delegado de la Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, clausuraron a acción formativa financiada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria cun orzamento 179.134,20€, máis 20.300 achegados polo propio Concello.

O proxecto de formación contou con dúas especialidades: “Promoción turística local e información ao visitante (Nivel 3), e ”Confección e publicación de páxinas Web (Nivel 2)”, con 10 prazas de alumnos/as-traballadores/as cada unha, dando dereito a obter o certificado de profesionalidade, co que a partir de agora poderán optar a un posto de traballo en mellores condicións.

Cores Tourís resaltou a importancia crecente do turismo na comarca, especialmente dende que cada vez son máis as persoas (unhas 60.000), que escollen o Camiño Portugués para camiñar a Santiago, e anunciou novos programas de formación na zona dunha duración superior aos seis meses que teñen na actualidade.

Sandra González, pola súa banda, agradeceu o bo traballo realizado polo equipo directivo e docente, así coma polos alumnos e alumnas, animándolles a este últimos a seguir formándose para poder acceder a un mercado laboral cada vez máis competitivo.

Por último, Begoña Echegaray, directora do proxecto clausurado hoxe, salientou o grande esforzó do seu equipo e asegurou estar “moi satisfeita” cos resultados acadados. Asemade, referiuse aos traballos realizados durante estes seis meses, entre os que figuran tres Guías de atención ao cliente en hostalaría e restauración; un tríptico con datos de interese para o visitante; a creación dunha páxina web para promocionar sendos concursos de fotografía e vídeo, sobre o patrimonio do municipio; outra páxina do propio Obradoiro, e unha terceira sobre rutas e sendas de interese natural e paisaxístico, entre outras tarefas.

Finalmente, procedeuse á entrega de diplomas e dos certificados de profesionalidade que lles habilita para traballar, puntualizando que algúns xa están colocados.tomino-investe-mais-de-200-000-euros-en-formar-tecnicos-en-turismo-e-deseno-de-paxinas-web

 

- Publicidade -spot_img