Inicio Baixo Miño Tomiño estrea páxina web e renova a súa identidade gráfica

Tomiño estrea páxina web e renova a súa identidade gráfica

tomino-estrea-paxina-web-e-renova-sua-identidade-grafica

A elaboración do novo portal faise coincidir coa implementación da administración electrónica  no Concello

A alcaldesa, Sandra González, presentou no Salón de Plenos, o novo logo do Concello, nunha clara aposta pola renovación e a adecuación ás novas tendencias. En primeiro lugar, a rexedora referiuse ao novo logo, deseñado por Xosé Teiga, no que están representados conceptualmente os trazos máis característicos do municipio, coma por exemplo, o río Miño, as persoas, a ponte internacional e a relación con Vila Nova de Cerveira; o medio natural, a paisaxe, a economía…”Todo isto constrúe graficamente unha identidade propia e unha marca contemporánea, moderna e definida”.

A nova web municipal, que integra tamén a nova imaxe, supón un cambio substancial na presencia dixital do Concello, cunha páxina atractiva, actual, limpa e sinxela para o usuario.

Entre as melloras técnicas que supón o novo portal municipal, é de salientar o feito de estar aloxada con tecnoloxía SSD de alta velocidade, o que axilizará o seu uso aínda con conexións a internet limitadas.

Ademais, optimízase a adaptación da páxina a dispositivos móbiles, tendo en conta a tendencia crecente dos usuarios a navegar con táblets e smartphones.

Por outra banda, o xeito de amosar e organizar os contidos cambia totalmente, mudando a unha estrutura máis sinxela e intuitiva, e polo tanto máis accesible para as veciñas e veciños.

Coa nova web o Concello reforza a súa presenza en redes sociais e multiplica as canles de comunicación cidadá, co fin de achegar cada vez máis a Administración Local á cidadanía.

Tal e como destacou a alcaldesa, a publicación da nova web non e o final dun proceso, senón o primeiro paso na mellora da presenza dixital do Concello de Tomiño nas redes sociais (Facebook, Instagram, Flickr, etc.). “Unha web que nos vindeiros meses crecerá da man da cidadanía, é dicir, que seguirá crecendo nas vindeiras semanas, e a poboación participará neste proceso, xa que se habilitará un buzón dixital de suxestións para que veciñas e veciños, fagan chegar as súas opinións, reclamacións e propostas”.

A alcaldesa de Tomiño referiuse, asemade, a dous aspectos moi importantes para o goberno. A elaboración da nova web faise coincidir coa implementación da administración electrónica no Concello, que en breve, comezará a funcionar. Ademais, o novo portal incorpora un “Xestor de Incidencias”, que permitirá, cando comece a funcionar, unha xestión máis eficaz e coordinada das incidencias que se produzan no municipio.

Preguntada sobre el presupuesto asignado a estas dos acciones, tanto la acaldesa como el responsable de ambos, nos indican que todavía no se sabe el coste definitivo, ya que el trabajo de la web se concluyó el mismo día de la presentación.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies