spot_img
InicioBaixo MiñoTomiño celebra o Día das Letras Galegas con obradoiros interxeracionais

Tomiño celebra o Día das Letras Galegas con obradoiros interxeracionais

Concello Tomiño

Co gallo de fomentar a transmisión artística e de tradicións, o uso normalizado do galego, e en definitiva, promover a cultura da terra, o Concello de Tomiño, celebrará o Día das Letras Galegas, martes 17 de maio, cunha serie de actos, que comezarán ás 10.30h, na Praza do Seixo.

As persoas asistentes poderán mercar libros en galego cun 40% de desconto, grazas á unha subvención municipal que ten coma finalidade incentivar e promover a lectura en galego. Esta actividade realizarase en colaboración coa única libraría de Tomiño.

Ás 12.30h a Agrupación Musical de Goián, ofrecerá un concerto conmemorativo.

Tomiño - Camisetas Eu falo Galego (Copiar)

 

 

A tudense María Sánchez Diz gaña o concurso de deseño de camisetas con dúas propostas moi orixinais

Paralelamente, se impartirán diferentes obradoiros organizados polo grupo de voluntariado local:

OBRADOIRO INTERXERACIONAL. Participación do grupo de maiores do Centro de Día; contarán contos en galego, ensinarán a lanzar buxainas (peóns), e interpretarán cancións en galego para a infancia e persoas adultas interesadas.

OBRADOIRO MUSICAL. Os voluntarios e voluntarias prepararán, utilizando diversos instrumentos, varias cancións para ser cantadas polas persoas participantes.

OBRADOIRO BÚSQUEDA DO TESOURO. Os grupos participantes terán que atopar e resolver pistas que estarán relacionadas coa lingua, tradicións, cultura galega e con Manuel  María.

OBRADOIRO TRIVIAL CAMIÑO DE SANTIAGO-CULTURA GALEGA, con preguntas relacionadas coa cultura e lingua galegas, nosa xeografía e Manuel María en particular.

OBRADOIRO DE MARCAPÁXINAS (en horario de tarde, a partir das 17h).

Todas as persoas que participen nos obradoiros serán agasalladas cunha camiseta deseñada de xeito altruísta por unha usuaria do servizo: a tudense María Sánchez Diz, que realizou dúas propostas moi orixinais: unha para muller e outra para home.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.