spot_img
InicioBaixo MiñoTomiño adianta a celebración da Mostra de Cultivos ao mes de marzo

Tomiño adianta a celebración da Mostra de Cultivos ao mes de marzo

tomino-adianta-a-celebracion-da-mostra-de-cultivos-ao-mes-de-marzoCo fin de facilitar a asistencia do público profesional, Tomiño adianta a celebración da Mostra de Cultivos ao mes de marzo, coincidindo co Ano Internacional do Turismo Sostible para o Desenvolvemento, o eixo central da Mostra 2017 será a sostenibilidade.

O comité organizador da Mostra 2017 de acuBam  (Asociación de Cultivos do Baixo Miño) o Concello de Tomiño, veñen de adiantar a celebración do evento ao mes de marzo de 2017 (sábado 4 e domingo 5) co obxectivo de facilitar a asistencia de público profesional nunhas datas que non son as de plena campaña para o sector verde.

A mostra, patrocinada polo Concello de Tomiño, contará un ano máis con xornadas técnicas, especialmente dirixidas aos profesionais do sector, así como coa segunda edición de “acuBam innovación”, un espazo destinado a resaltar de forma significativa aquelas melloras, avances ou novidades de cada un dos expositores.

Coincidindo co Ano Internacional do Turismo Sostible para o Desenvolvemento, o eixo central da Mostra 2017 será a sostenibilidade, entendida como a convivencia harmónica de economía, sociedade e medio ambiente.

“A comarca do Baixo Miño é un paraíso natural onde o sector dos cultivos ten un peso económico importante. O obxectivo dos viveiros é seguir criterios sostibles nas súas producións, con boas prácticas agrícolas e unha conexión co seu entorno máis próximo, participando en proxectos educativos para a infancia e a mocidade”, comentan os organizadores. Tomiño centro foi este verán, con 24 casos en diferentes barrios, a parroquia máis afectada pola vespa asiática, seguida de Taborda, Sobrada, Goián e Forcadela, entre outras.

Aberta a matrícula até o día 30 de setembro para o curso de “Xestión de explotacións agrarias” organizado por acuBam

acuBam organiza o curso “Xestión de explotacións agrarias” a petición de varios dos seus socios e, polo mesmo, dirixido aos profesionais do sector agrario da comarca.

Durante 40 horas, do 7 ao 18 de novembro, impartiranse coñecementos técnicos en materia de xestión, control e cálculo de custes, estrutura de balance, etc.

O curso será impartido por unha profesional da materia con máis de 20 anos de experiencia na xestión de explotacións.

O lugar de celebración será a aula da Oficina de Extensión Agraria do Rosal, situada na Praza do Calvario do Concello do Rosal, en horario de 16 a 20 h.

A inscrición é gratuíta e está aberta ata o 30 de setembro, a través do correo acubamtecnico@gmail.com ou o teléfono 670 206 776 (José Collazo).

- Publicidade -spot_img