Inicio Pontevedra Baixo Miño Tomiño acolle unhas xornadas europeas sobre cooperación transfronteiriza, que serán inauguradas por...

Tomiño acolle unhas xornadas europeas sobre cooperación transfronteiriza, que serán inauguradas por Alfonso Rueda

tomino-acolle-unhas-xornadas-europeas-sobre-cooperacion-transfronteiriza-que-seran-inauguradas-por-alfonso-rueda

O obxetivo é dar a coñecer a nova AECT RIO MIÑO, en fase de constitución e coñecer experiencias de éxito na Península Ibérica e en Europa en canto á cooperación transfronteiriza se refire.

Nas últimas tres décadas, e sobre todo grazas ás políticas de cooperación territorial e transfronteiriza da Unión Europea, xurdiron no espazo comunitario múltiples estruturas que buscan forxar proxectos territoriais máis alá das fronteiras dos estados-nación. Desde a Regulación Nº 1082/2006 (modificada pola Regulación Nº 1302/2013), foron creándose no contexto ibérico unha vintena de AECT e máis de cincuenta no espazo común.

As novas territorialidades terán forma de eurorrexións, eurocidades, macrorrexións, etc. e buscarán as sinerxías entre distintos socios para reforzarse e complementarse mutuamente.  A gobernanza multinivel nos espazos tansfronteirizos facilita novas areas políticas nas que encontrar un marco de acción dentro do marco europeo, no que os actores sociais, políticos e económicos se multiplican.

No contexto da raia galaico-portuguesa, a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal e a máis recente Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (AECT-GNP), son dous referentes da cooperación a nivel europeo. Nesta Eurorrexión desenvolvéronse nos últimos anos múltiples programas e proxectos de índole transfronteiriza, de xeito que se pode afirmar que existe un amplo coñecemento na materia.

Neste sentido, a iniciativa conxunta da Deputación de Pontevedra e mais da Comunidade intermunicipal do Alto MINHO de promover a creación dunha AECT no espazo do Miño/Minho transfronteirizo, busca reforzar as sinerxías existentes entre ambas as beiras do río. As distintas estruturas de cooperación transfronteiriza existentes así como as iniciativas desenvolvidas nos últimas anos na zona amosan a vontade de traballar en común, de xeito que a AECT vén consolidar esta vivencia do transfronteirizo.

Os organizadores subliñan que a AECT Río Miño non persigue sustituír nin sobrepoñerse a outras estruturas a distintas escalas (local, como a Amizade Cerveira-Tomiño, Eurocidade Tui-Valença, ou rexional, como a citada AECT Galicia-Norte de Portugal), sino cooperar con elas co obxectivo de reforzar a presenza do espazo transfronteirizo do Miño/Minho nos debates sobre a cooperación transfronteiriza da raia.

Co gallo de coñecer experiencias de éxito na Península Ibérica e en Europa, cremos necesario organizar unha xornada de traballo na que se poidan debater os resultados obtidos ata o momento doutras AECT de maior percorrido.

É necesario xa que logo aprender dos logros e, tamén, das debilidades doutras experiencias, que sirvan de guieiro para o lanzamento e primeiros pasos da AECT Río Miño. Por iso, esta xornada pode ser de interese para todas aquelas persoas vinculadas co transfronteirizo, en especial na área do Río Miño, de xeito que se poida debater o presente e o futuro da AECT Río Miño.

                                                XORNADAS

 A nova AECT Río Miño desde unha visión comparada: A raia e Europa

TOMIÑO, 21 DE ABRIL DE 2017

Lugar : Casa do Concello

Organizan:

Deputación de Pontevedra

Universidade de Santiago de Compostela

Grupo ANTE

                                                    PROGRAMA

9:30 Apertura

-Alfonso Rueda, Conselleiro da Presidencia da Xunta de Galicia

-Fernando Freire de Sousa, Presidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvemento Regional do Norte

-María del Carmen Silva, Presidenta da Deputación de Pontevedra

-Joao Fernando Brito Nogueira, Presidente da Cámara do Municipio de Vila Nova de Cerveira

-Sandra González, Alcaldesa do Concello de Tomiño

-Rubén C. Lois, Director da Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal

-Uxío Benitez, Deputado delegado de cooperación transfronteiriza

 

10:00-11:00 O curto pero intenso percorrido das AECTs, a visión desde as institucións europeas

-Slaven Klobucar, Administrador das AECTs e da Cooperación Transfronteiriza no Comité das Rexións

-Martín Guillermo, Secretario Xeral da Asociación de Rexións Fronteirizas de Europa

Moderador: Juan M. Trillo, Investigador Posdoutoral (USC)

11:00-11:30 Pausa café

11:30-13:30 Experiencias ibéricas

-Xosé Lago, Director da AECT Galicia-Norte de Portugal

-Pablo M. Rivera, Director Executivo da AECT Eurocidade Chaves-Verín

-José L. Pascual, Director Xeral Técnico da AECT Duero/Douro

-Francisco Muñoz, Secretario Técnico da Eurociudad del Guadiana (AECT en trámite)

-Carmen Arribas, Responsable Técnica da AECT León-Bragança

Modera: Celso Cancela, Profesor (UVigo)

13:30-15:30 Xantar

15:30-16:30 Experiencias europeas

-Johanna Fischer, Xestora de proxectos da AECT Eurodistrict Saarmoselle

-Zoltán Bará, Director Ejecutivo da AECT Pons Danubii

Modera: Miguel Pazos, Profesor Titular da USC

16:30-17:30 Presentación do proxecto de AECT  Río Miño/Minho e conclusións das Xornadas

-Uxío Benítez, Deputado Provincial de Cooperación Transfronteirza

-Manoel Batista, presidente da Cámara Municipal de Melgaço

-Celso Cancela, Profesor (UVigo)

-Moderación: Rubén C. Lois, Catedrático (USC)

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies