spot_img
InicioBaixo MiñoTerras Gauda incorpora ao plan de enoturismo roteiros a cabalo polo viñedo

Terras Gauda incorpora ao plan de enoturismo roteiros a cabalo polo viñedo

Terras Gauda incorpora ao plan de enoturismo roteiros a cabalo polo viñedoA adega brinda experiencias únicas ao redor da cultura do viño con programas máis personalizados e adaptados a perfís moi diversos

Novos tempos, novos programas de enoturismo en Terras Gauda. A adega actualiza o seu plan incluíndo destacadas novidades, como roteiros a cabalo. Unha actividade que xorde da colaboración con Senda Natura e Leira Moreiras. Galopar ao pausado ritmo dun cabalo de raza autóctona galega polo viñedo xa é posible para persoas de todas as idades porque se trata dunha especie moi mansa. Unha experiencia única para grupos moi reducidos.

Se o que o visitante desexa é descubir a esencia da adega, cun paseo a pé polo viñedo, coñecer os procesos de elaboración e catar Terras Gauda e Abadía de San Campio o seu plan é “Déixache conquistar por Terras Gauda”. Un programa máis personalizado que nunca, no que unicamente se comparte espazo e tempo co núcleo de persoas que queiran participar de forma conxunta. Os horarios fixados para estas visitas son, de luns a sábado, ás 11, 12.30 e 18.00 horas. Os domingos, ás 12.30. Para unha mellor planificación, requírese reservar con antelación.

Terras Gauda incorpora ao plan de enoturismo roteiros a cabalo polo viñedo

Terras Gauda para dous”, o “Plan familiar” e o “Plan entre amigos” son os tres programas que cativaron a numerosas persoas desde que a adega activou o seu plan de enoturismo. Vivencias para compartir en parella, coa familia ao completo ou cun grupo de amigos. As actividades complementarias, sempre personalizadas e adaptadas aos diferentes perfís.

A adega acaba de estrear, ademais, unha nova terraza, situada a pé de viñedo. O marco idóneo para catar os viños nalgúns dos programas.

Do máxico Val do Rosal á contorna evocadora do Bierzo. En Arganza espera Adegas Pittacum para sentir a emoción de percorrer os seus viñedos centenarios en bicicleta eléctrica con “ Pittacum E- Bike”, en colaboración con Eberent. Visitar a adega e degustar dous viños e un aperitivo tamén forman parte deste plan, que ten día e hora fixas: os sábados, ás 10.00 horas, con reserva previa.

“ Pittacum único” é outra opción para pasear entre viñas, descubrir o vello caserón de pedra que alberga as barricas, coñecer os procesos de elaboración e terminar brindando con Pittacum Barrica e Petit Pittacum.

O final deste roteiro polos plans de enoturismo do Grupo Terras Gauda chega en Sardón do Douro, onde está situada a adega da Ribeira do Douro. “Explora Quinta Sardonia” permite introducirse no lento ritmo que marca a biodinámica e descubrir todos os seus segredos. A visita inclúe cata de viños e está prevista para os sábados, ás 10.30 e 12.30 horas e os domingos, ás 11.30.

Terras Gauda incorpora ao plan de enoturismo roteiros a cabalo polo viñedo

Toda a información sobre estes plans e novas propostas para organizar pódense consultar na web https://www.terrasgauda.com/enoturismo/.

Uns programas de enoturismo que se guian pola autenticidade e a singularidade de todas as adegas do Grupo.

- Publicidade -spot_img