spot_img
InicioBaixo MiñoTerras Gauda abre as súas portas para vivir a experiencia da vendimia

Terras Gauda abre as súas portas para vivir a experiencia da vendimia

vendima terras gaudaOs participantes nesta actividade de enoturismo protagonizarán a súa propia vendima no viñedo, seguirán os procesos de elaboración na adega, catarán os primeiros mostos e degustarán tres viños con aperitivo

Revista COUSAS DE Nº18

Vivir en primeira persoa a época máis importante do ano para a adega é o propósito de Terras Gauda cunha nova actividade de enoturismo: “Un día de vendima”. Unha enriquecedora experiencia que levará aos participantes para mergullarse por completo na cultura vitivinícola e converterse en protagonistas do proceso de creación dos viños.

A adega abrirá as súas portas para gozar desta iniciativa o sábado, 9 de setembro, co arranque da vendima e as 160 hectáreas de viñedo no val do Rosal (Rías Baixas) no seu máximo esplendor. A actividade empezará ás 11.30 horas e está pensada para adultos ou para compartir unha xornada en familia.

O grupo coñecerá a aposta pioneira da adega pola innovación e investigación co fin de marcar a personalidade dos seus viños, o legado vitivinícola que atesoura, o seu compromiso coa preservación da contorna a través da sustentabilidade, ademais do seu afán por potenciar as tres variedades autóctonas que cultiva: Albariño, Caíño Blanco e Loureiro. Son os piares sobre os que se asenta a súa filosofía, que levou a Terras Gauda a situarse como referente do sector a nivel nacional e internacional.

Experiencia enriquecedora

Para cumprir as expectativas dos enoturistas, a adega proporcionará as ferramentas necesarias para que poidan colleitar as súas propias uvas na viña, onde apreciarán as diferenzas entre as cepas. Co fin de que a experiencia resulte o máis real posible, pesarase a caixa de cada visitante, que recibirá un documento acreditando a súa participación na vendima.

Terras Gauda completa con éxito a 1ª proba do proxecto internacional de robótica, intelixencia artificial e 'big data'

 

Durante toda a visita, de 2,5 horas aproximadas de duración, os guías compartirán coñecementos sobre as tradicións vitivinícolas mentres o grupo comprobará a importancia de cada paso na creación dos viños. No interior da adega visualizarán o estrujado e o despalillado dos acios, ademais da maceración. Tamén catarán os primeiros mostos e, para finalizar, degustarán tres viños, acompañados por un aperitivo: o buque insignia, Terras Gauda, o 100% Albariño Abadía de San Campio, e La Mar, elaborado con Caíño Blanco.

Plans de enoturismo personalizados e recomendados por Tripadvisor

Co enoturismo consolidado como unha nova forma de viaxar, a adega incorpora ao longo do ano propostas puntuais para diversificar o seu programa, baseado en adaptarse aos intereses dos diferentes perfís do visitante: amantes do mundo do viño, persoas que se aproximan por primeira vez á cultura vitivinícola, parellas, grupos de amigos e familias.

Un completo programa que obtivo o recoñecemento de Tripadvisor co premio Traveler´s Choice, outorgado polas experiencias positivas e as valoracións dos propios viaxeiros, que mostraron a súa satisfacción coa atención e as actividades incluídas nas diferentes propostas.

Todas as iniciativas xestiónanse a través da web https://www.terrasgauda.com/enoturismo/ e é necesaria realizar unha reserva previa.

- Publicidade -spot_img