Inicio Pontevedra Swing e zanfona contemporánea nos concertos da fin de semana en Redondela

Swing e zanfona contemporánea nos concertos da fin de semana en Redondela

Esta fin de semana chegan a Redondela da man da concellería de Cultura, dous interesantes concertos á praza da Casa da Torre:

*Venres 7 de agosto, ás 22.00 h, actuará a formación de swing-jazz David Regueiro Swingtet

*Sábado 8 de agosto,  ás 22.00 h, Germán Díaz.

DAVID REGUEIRO SWINGTET

 O guitarrista vigués David Regueiro, que exerce como músico e docente, está graduado por diferentes conservatorios e universidades, e estudou con algúns dos músicos de máis traxectoria a nivel internacional.

Swing-zanfona-contemporánea-concertos-fin-semana-Redondela

 

Participou en diferentes festivais internacionais como o “Festival Internacional de Jazz de Ourense”, “Festival de Jazz de Lugo”, “Imaxinasons” (festival de jazz de Vigo),  ”Festival de Jazz de Ribadavia”, ”Festival de Jazz de Salamanca”, “Festival de Jazz de Ponteareas”, etc.

Na actualidade lidera a formación David Regueiro Swingtet (que vén de presentar o seu segundo álbum editado: Bird Lives!), entre outros proxectos e colaboracións. Este é un proxecto enraizado na tradición do Hot Club de Francia e na linguaxe de  Django Reinhardt.

A formación está integrada por Javier Marcos (voz), Sarunas Pupelis (clarinete), Ismael Cabaleiro (violín), Iago Reigosa e Manu Méndez (guitarras), Juyma Estévez (contrabaixo), e o propio David Regueiro (guitarra).

As críticas son unánimes ao cualificar a súa música coma un swing con estilo propio, divertido e cunha banda de enorme calidade instrumental.

GERMÁN DÍAZ

 O valisoletano Germán Díaz fórmase na súa cidade natal, onde realiza estudos de guitarra clásica e Filoloxía Clásica na Universidade de Valladolid, así como o curso de posgrao de “Especialista Universitario en Estudos sobre a Tradición”. Estuda zanfona con Rafael Martín, Pascal Lefeuvre, Laurent Tixier, Isabelle Pignol, Gilles Chabenat, Nigel Eaton ou Patrick Boufard, entre outros.

Swing-zanfona-contemporánea-concertos-fin-semana-Redondela

Ten actuado por todo o mundo en prestixiosas salas e festivais como o Teatro Real de Marrakech, ConcertGebaum de Amsterdam, Universidad de Colombia, Reales Alcázares de Sevilla, Odessa Jazz Carnival -Ucrania-,  Stans Music Festival -Suiza-, Storas Festival – Noruega-,  ou European Jazz Night Festival -Oslo-,  entre outros.

Colaborou con numerosas formacións e intérpretes como Rao Trío, Viellistic Orchestra, Uxía, María Salgado, Laio, Nuke trío, Wafir Shekeldin Gibril, Pascal Lefeuvre, Valentin Clastrier, Joaquín Saura, Quarteto Medieval de Urueña, Paolo Angeli, Tasto Solo…

É o único zanfonista do estado que pertenceu á mítica Viellistic Orchestra, orquestra de zanfonas asentada en Francia cos mellores instrumentistas do mundo. Este proxecto desapareceu en 2004, e

Germán, formou un dúo co director artístico da orquestra, Pascal Lefeuvre, e cofundou o Symphonía Quartet, cuarteto ibérico de zanfonas, xunto a Rafael Martín, Marc Egea e Pascal Lefeuvre.

En 1999 foi galardonado co premio Racimo de Oro da música polo seu labor de recompilación e difusión da música tradicional. En 2004 creou a súa propia discográfica, Producciones Efímeras, xunto a Fernando Fuentes, na que deron unha especial atención a proxectos de zanfonistas como Marc Egea ou Matthias Loibner.

Foi escollido en varias ocasións para representar a España no exterior, coma na edición número 27 do Festival da Unión Europea de Radiodifusión (UER), a entidade que aglutina a tódalas emisoras públicas do continente, celebrado en Finlandia; e en 2009  no prestixioso European Jazz Nights, en Oslo, entre outras distincións.

O seu disco “Músicas populares de la Guerra Civil” -dúo de zanfona e guitarra- , en colaboración con Antonio Bravo, foi escollido como segundo mellor disco do ano 2009 por Cuadernos de Jazz, e mellor disco internacional pola veterana revista xaponesa Jazz Tokio.

O espectáculo que presenta en Redondela está baseado nos ritmos dos latidos do corazón que o doutor Iriarte gravou nos anos corenta e que editou en vinilo co nome de Método Cardiofónico.

Tomando como base estes latidos, crea un universo sonoro único cos instrumentos mecánicos que utiliza e que len os cartóns perforados nos que Díaz escribe as melodías. O playasax, a rolmónica cromática, o órgano de barbaría e a caixa de música, únense á manivela da zanfona, e á gravación de loops en directo para camiñar entre a improvisación e a rixidez dos cartóns perforados.

Ambos espectáculos son de acceso libre.

 

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies