Inicio Pontevedra Comerciantes da Ramallosa e concello celebran o sábado a súa primeira "Noite...

Comerciantes da Ramallosa e concello celebran o sábado a súa primeira “Noite Aberta e Outlet”

Comerciantes-Ramallosa-concello-celebran-sábado-primeira-Noite-Aberta-Outlet

O Concello de Nigrán colabora cos comerciantes de A Ramallosa para celebrar este sábado a súa primeira noite aberta e outlet. Máis dunha decena de tendas situadas nas rúas Damas Apostólicas, Romana Baixa, Manuel Lemos e Camiño de Cabreira ofrecerán aos seus clientes dende as 10 da mañá e ata a medianoite descontos especiais durante todo o día, ademáis de ofrecerlles bombóns ou champán aos que se animen a entrar aos negocios, que levarán o escaparate ata a zona dos soportais. Á iniciativa tamén se suman diferentes cafeterías e locais de tapas da zona ofrecendo un “pincho-pote”, é dicir, bebida e pincho especial elaborado para ese día a un prezo popular. O obxectivo da iniciativa é dinamizar o comercio, vender os excedentes de stock e, sobre todo, promocionar os locais comerciais e de restauración da zona.

Comerciantes-Ramallosa-concello-celebran-sábado-primeira-Noite-Aberta-OutletOs establecementos permanecerán abertos ata a medianoite e ofrecerán descontos e sorpresas aos seus clientes

 O Concello se suma a esta idea dun grupo de comerciantes aportando máis animación á rúa para que sexa un día festivo. Así, ás 20.30 haberá concerto da banda de música de San Miguel de Lira e disporá pola mañá (de 11.00 a 13.00 horas) de actividades e manualidades para os máis cativos e de inchables de 18.30 a 21.30 horas. Ademáis, ás 21.30 horas terá lugar o espectáculo de maxia da maga Valeria Varitas.

 Durante toda a xornada haberá concertos, animación infantil, inchables…

“Queremos apoiar todas as inciativas que nos suxiran os comerciantes, como foi neste caso, e contribuir con elo dinamizar e promocionar a zona”, destacou Juan González, alcalde de Nigrán, na presentación do evento esta mañá na Ramallosa. No acto, a edil de Cultura Ana Pérez aproveitou para presentar a programación cultural de agosto no municipio. Como se fixera no mes de xullo, optouse por máis de medio cento de actividades de ocio que tocan tódalas parroquias e prácticamente non se deixa un día sen programación. Ademáis de ampliarse de tres a cinco días a semana a actividade de zumba, volverá a haber peque-rutas, competicións deportivas, monologuistas, animación infantil…

Ovos con Chourizo

O Concello de Nigrán colabora coa celebración da “V Festa Gastronómica dos Ovos con Chourizo” que se celebra mañá dende as 21.30 horas no CCD Bolos da Carrasca, que conclúe mediante este evento a súa semana cultural. A celebración contará coas gaitas e pandereteiras Ardelume de Baiña (Baiona), asi como a actuación do acordeonista Urbano.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies