O Goberno local lamenta que o Partido Popular de Soutomaior se negase a pedir colaboración á Xunta de Galicia para este proxecto, un feito que tivo lugar nesta xornada no pleno ordinario
24 de xullo. O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, explicou esta mañá que o proxecto do camiño de Santiago leva redactado dende hai meses, moito antes de que o Partido Popular levase a iniciativa ao pleno ordinario que se celebrou nesta xornada.
O novo goberno de Soutomaior encargou, o pasado mes de decembro de 2023, un proxecto para arranxar o camiño de Santiago no seu tramo urbano entre a rúa Rosalía de Castro ata Ponte Sampaio. Este proxecto foi encargado ao equipo Urcoin, liderado por por Enrique Urcola, decano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia e está valorado en preto 800 mil euros dos cales 150 mil euros irán destinados a renovar á rede de sumidoiros e a protexer a ría de verquidos.
No pleno de hoxe o alcalde tratou de acadar un acordo para que o PP se sumase a pedir a Xunta colaboración nesta obra pero o PP negouse.
Lourenzo dixo nesta xornada que “o PP de Soutomaior négase a pedir colaboración do seu partido na Xunta porque non quere que lle vaia ben a Soutomaior, pesan que se lle vai mal a Soutomaior lle vai a ir ben ao PP e dedícanse a facer oposición a Soutomaior. Por esta razón se negan a sumar e pedir colaboración doutras administracións como é no caso da Xunta de Galicia” ao que o alcalde engadiu que “houbo un tempo no que o PP de Soutomaior era unha organización política seria e hoxe soamente quedan os resto do que foi o PP, soamente así se entende que non queiran que a Xunta invista en Soutomaior”.
No pleno de hoxe, no que o goberno demostrou coa propia sentenza que o procedemento que lle permitirá a Soutomaior contar con este investimento ten que ver co número 7068/24 e non coa da sentenza anterior do PP.




