spot_img
InicioGaliciaEntrega das Medallas de Galicia 2024

Entrega das Medallas de Galicia 2024

Entrega das Medallas de Galicia 2024A Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acolleu este mércores a cerimonia de entrega das Medallas de Ouro de Galicia ao actor Luís Tosar, á produtora Zaza Ceballos e á Academia Galega do Audiovisual.

Revista Cousas De Nº22

Centenares de persoas acudiron á Cidade da Cultura a un acto presidido polo titular da Xunta, Alfonso Rueda, que no seu discurso comezou lembrando aos mariñeiros falecidos nas augas das Malvinas, tras o minuto de silencio que todo o público gardou en sinal de respecto ás vítimas do naufraxio.

A Cidade da Cultura de Galicia acolleu este mércores a cerimonia de entrega das Medallas de Ouro de Galicia ao actor Luís Tosar, á produtora Zaza Ceballos e á Academia Galega do Audiovisual.

Tras a aprobación no Consello da Xunta do decreto de concesión, o xefe do Executivo galego Alfonso Rueda sinalou que os recoñecementos deste ano, que constitúen “a maior distinción” que outorga a Comunidade autónoma galega, recaen en dous nomes propios e nun colectivo asociativo que dignifican o audiovisual galego como sector artístico e estratéxico.

Sinalou o máximo responsable do Goberno galego: “Este ano quixemos recoñecer a traxectoria do audiovisual galego. A Xunta de Galicia intentou sempre apoiar este sector, que, ademais, desde o punto de vista económico é cada vez máis potente”.

Luís Tosar é intérprete de teatro, cine e televisión. Segundo o presidente da Xunta, chegou “ao máis alto” nacional e internacionalmente e converteuse nun “dos artistas galegos máis recoñecidos e coñecidos”; salientou a traxetoria de Zaza Ceballos como unha das “grandes mulleres pioneiras no sector”, coa divulgación das figuras históricas femininas galegas desde a pequena pantalla a través da súa produtora Zenit, e remarcou o “incesante” traballo da Academia Galega do Audiovisual a prol do desenvolvemento e visibilidade do sector, dando cabida “a un sector cada vez máis numeroso, cada vez máis potente e cada vez máis referente”.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

 

 

 

 

As Medallas de Ouro de Galicia

As Medallas de Ouro de Galicia constitúen a máxima distinción de honorseoutorgada poia Xunta a persoas ou institucións polos seus méritos ao servizo de Galicia en calquera aspecto da realidade social, cultural ou económica. En 2023 recaeron en Juan Pardo, Luz Casal e Carlos Núñez como reprentantes do patrimonio musical galego. En 2022 foron para persoas destacadas na difusión do Camiño de Santiago e en 2021 para os sanitarios que traballaron para combater a pandemia da covid-19.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.